Mestres con moito mérito

Eva Ocampo LUGO

LUGO

XABIER NOVO

La cita | Cursos de verán As cuartas Xornadas de historia da educación, que se celebran en Foz, centraranse na manipulación e recuperación da memoria escolar durante a Segunda República e o franquismo

16 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?s cuartas Xornadas de Historia da Educación, integradas dentro dos cursos de verán da USC, celebraranse ao longo desta semana en Foz. O tema das conferencias será a manipulación e a recuperación da memoria escolar durante a Segunda República e o franquismo. A represión que sufrieron moitos mestres galegos levounos ao exilio onde publicaron as súas obras. Estes educadores debían cinguirse ao programa establecido polo Ministerio de Educación Nacional. Así mesmo, os manuais de historia e enciclopedias utilizadas por eles mostraban a interpretación oficial dada polo réxime, que viña avalada pola súa condición de textos revisados pola censura. Estes libros eran elementos importantes de adoutrinamento ideolóxico por parte do Estado. Ensinar historia converteuse nun instrumento de combate, cuxas armas eran a relixión católica e a raza. Introducir os novos valores morais foi unha das tarefas das que se encargou o goberno de Franco. Os mestres eran, pois, os que tiñan que loitar por que o réxime non conseguise levar a cabo a socialización do alumnado ao seu gusto. Todos estes aspectos trataranse nas conferencias polos catedráticos e profesores especializados en Historia da Educación. O luns as ponencias centraranse na situación da escola durante a Segunda República. Falarán expertos como Antonio Viñao y Aida Terrón . O martes e o mércores os conferenciantes avanzarán uns anos para situarse xa na época franquista tratando temas como: a represión dos mestres, a cultura escolar da época, a manipulación da memoria e as obras destes profesores dende o exilio, tanto no ámbito español como máis concretamente no galego. Nesta ocasión participarán, entre outros: Narciso de Gabriel Fernández e Anxo Porto . O xoves centraranse nas publicacións e proxeccións durante o franquismo. Finalmente, o venres ensalzarase a figura do mestre e súa caída no esquecemento, a pesares da súa labor, á hora de recuperar a memoria histórica española.