Chantada volveu cumprir coa romería de San Lucas

Centos de persoas subiron ao castro de San Amaro

19/10/2016 22:37

Centos de personas participaron onte na tradicional romería de San Lucas en Chantada. Coa xornada declarada festa local, toda a animación que lle faltou ás rúas da vila trasladouse ao castro de San Amaro, na parroquia de San Xulián de Mato. Houbo misas e distintas procesións ao longo do día, pero os momentos máis multitudinarios foron, como é habitual, os da hora de xantar.

Numerosos chantadinos, e tamén non poucos residentes noutros municipios da contorna, foron acudindo durante a mañá ao lugar no que se celebra a romería. As misas na capela situada no alto do castro empezaron ás dez da mañá e repetíronse cada hora en punto ata a unha, para reanudarse ás catro da tarde. Durante as misas, numerosos fieis cumpriron coa tradición relixiosa de bicar a imaxe do santo que se garda dentro da capela e pasala pola cabeza na crenza de que é bon para os males de oídos e gorxa.

Moitos dos asistentes á festa xantaron en grupos de amigos e familiares polos arredores da capela e outros aproveitaron os postos de polbo e churrasco instalados na zona.

A festa rematou pola noite cunha verbena a cargo da orquestras Acordes.

O segundo e último día de festa é hoxe. Xa non haberá tanta xente, porque non é festivo, pero aínda así oficiáronse misas ás doce do mediodía e á unha da tarde. Na verbena desta noite tocará a orquestra Escaparate.

Votación
1 votos
Etiquetas