O quirogués David Soto cumpre 100 anos

Simpático e moi vital, leva 62 anos vivindo na aldea da Goia coa súa muller Carmen


23/09/2016 05:00

David Soto Rodríguez naceu o 4 de xuño de 1906, así que xa hai uns meses que entrou no clube dos centenarios. E fíxoo cunha saúde excelente para a súa idade. Toda a súa familia e os seus amigos xuntáronse esta fin de semana para facerlle unha festa polo seu aniversario número cen.

David Soto é natural de Vilaboa, en Fisteus, aínda que cando casou se trasladou a vivir á aldea da Goia, nesa mesma parroquia. E alí leva 62 anos canda súa muller Carmen.

Este quirogués centenario sobreviviu á guerra civil e ten tres fillos, seis netos e cinco bisnetos. os que o coñecen din del que é un home moi simpático e cheo de vitalismo.               

Votación
4 votos
Etiquetas
Comentarios