Setenta persoas aspiran aos premios do Concurso de Cantos de Taberna de A Pobra

monforte / la voz

O INCIO

06 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ao redor de setenta acodes participarán activamente na primeira edición do Concurso de Cantos de Taberna que se celebrará o xoves na Pobra do Brollón. Os responsables municipais mostraron onte a súa satisfacción polo interese que espertou esta iniciativa.

Entre os participantes, que concursarán divididos en sete grupos, non hai só veciños da Pobra. Tamén se apuntaron un grupo de Sarria e outro do veciño municipio do Incio. Os participantes percorrerán o sete bares que competirán no concurso de tapas que tamén organiza o Concello. A maioría dos grupos incorporarán percusión e gaitas. Os aspirantes terán que pasar por este sete establecementos de hostalaría e cantar en cada un deles polo menos unha canción.Gañarán o tres grupos que obteñan puntuacións máis altas.

As mellores tapas

En paralelo, este fin de semana empezou o concurso de tapas, organizado polo Concello en colaboración coa asociación provincial de hostalaría. O certame prolongarase durante toda esta semana até o día 11. Cada negocio participa cunha única tapa, que se pon ao dispor dos clientes ao prezo de 0,60 euros.