A Pobra acollerá o 26 e o 27 unha concentración de motos e paramotores

monforte / la voz

LEMOS

19 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A asociación veciñal Piño Santa Bárbara, da Pobra do Brollón, organizará por primeira vez unha concentración de motos e paramotores entre os próximos días 26 e 27. As actividades previstas para a primeira xornada comprenden unha concentración de paramotores que se levará a cabo durante toda a tarde e un percorrido de motos de estrada que sairá da localidade de Piño ás 16 horas e pasará polos municipios veciños de Bóveda, O Incio, Folgoso do Courel e Quiroga. Despois destas actividades, os asistentes poderán participarán nun magosto popular e unha cea a partir das nove e media da noite.

Para o domingo están previstas unha nova concentración de paramotores e unha ruta marcada de monte para motos, quad, ATV e buggie que comezará ás dez da mañá. Para participar na concentración é preciso confirmar a asistencia nos teléfonos 617 212 869, 619 224 738, 646 171 078 e 630 606 969 ou ben nos correos electrónicos Vilika16@hotmail.com, josemasseistelefonica.net e vania_dn@hotmail.com. As inscricións poden facerse ata o luns.