«En Melide expoño 37 carboncillos nunha exposición que titulo «O son da Terra»

X.Francos

MELIDE

20 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O artista lucense Alejandro Rodríguez, artisticamente coñecido como Drinix, expón desde hai uns días un total de trinta e sete debuxos feitos a carboncillo na sala de mostras do edificio multiusos de Melide. A mostra permanecerá aberta hasta o 30 deste mes.

-¿Qué obras presenta nesta exposición?

-A mostra chámase O son da terra xa que nela presento unha serie sobre músicos galegos, tanto anónimos como relevantes. Tamén hai bastante retrato de fotos antigas que, grazas ao efecto monocromático do carboncillo, proporcionan uns efectos sorprendentes sobre o papel.

-Coido que xa leva anos debuxando, ¿non pensa dar o salto á pintura, sobre de toda tendo un mestre como é Blas Lourés?

-Formeime artisticamente, case na súa integridade, polo pintor Blas Lourés, que imparte as súas clases no Círculo das Artes. Son o seu alumno e, como tal as miñas metas pasan por seguir a aprender e tamén, se podo, a mellorar. En canto a o cambio, non teño previsto dar ese salto a pintura que moita xente me propón e me pregunta. Estou moi satisfeito co que fago. Despois de todo, non pode esquecerse que o debuxo é a base da pintura.