pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Cinco anos sobre as barcas

Comeza en Monforte unha nova edición do programa Verán no Cabe, que se amplía con novas actividades

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

Hai xa cinco anos que se organizou por primeira vez en Monforte a Festa do Río, unha iniciativa surxida da colaboración entre o Concello e a asociación chantadina Barcas do Minho que tiña a finalidade recuperar a antiga relación da cidade co Cabe e que co paso do tempo foi complementándose con outras actividades desenvolvidas ao longo do verán. Hoxe comeza un novo ciclo do programa Verán no Cabe que incluirá máis actividades que nos anos precedentes.

O programa foi presentado onte no embarcadoiro do Parque dos Condes pola concelleira de Cultura, Alicia Cadarso, e por Fernando Ibarra, representante de Barcas do Minho. A primeira oferta consiste en paseos gratuítos en barca que se levarán a cabo en xullo e agosto. Os paseos poderán facerse de xoves a domingo polas mañás e 11.30 a 13.30 horas, e de martes a domingo polas tardes, de 18 a 22.30 horas. A partir do 25 de xullo, ademais, estará en servizo unha barca adaptada para que os discapacitados físicos poidan disfrutar tamén destes percorridos fluviais.

A Festa do Río propiamente dita celebrarase o 25 e o 26 de xullo, cun programa que presenta dúas novidades principais: un xantar popular á beira do Cabe e unha «batalla fluvial», un espectáculo pirotécnico con embarcacións que se ofrecerá á medianoite no tramo do río situado á altura do bar Anchoas. Durante estas dúas xornadas haberá ademais xogos infantís e populares, actuacións musicais, animacións de rúa, unha mostra de artesanía e unha cata comentada de viños.

37 embarcacións

Como nas edicións anteriores da festa, nesta ocasión tamén acudirán a Monforte numerosas embarcacións tradicionais fabricadas ou restauradas por diversas asociacións de Galicia e Portugal. Pero esta vez a participación será máis numerosa que nunca, xa que está previsto traer 37 embarcacións -o ano pasado foron quince-, o que causará algunha complicación aos organizadores. «Aínda non sabemos moi ben como faremos, porque vai ser imposible ter todas esas embarcacións ao mesmo tempo no río», comentou Ibarra.

O 12 de agosto -coincidindo co inicio das patronais- celebrarase no Cabe un desfile de barcas engalanadas e iluminadas, recuperando unha tradición local que se praticou ata mediados do século pasado.

Para os rapaces de ata 13 anos, por outro lado, haberá en xullo e agosto clases gratuítas de navegación en barca, que se ofrecerán todos os xoves e venres, de 11.30 a 13 horas. As inscricións deben facerse na oficina de turismo. Na primeira quincena de setembro haberá tamén catro xornadas de percorridos a pé polo Cabe -xantando e durmindo á súa beira- para nenos de 11 a 13 anos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Cinco anos sobre as barcas

Comeza en Monforte unha nova edición do programa Verán no Cabe, que se amplía con novas actividades

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cinco anos sobre as barcas
Preparativos no embarcadoiro do Parque dos Condes
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.