A proximidade lingüística e cultura é seguramente a causa de que unha boa parte dos apoios á campaña para dedicar a Novoneyra un 17 de maio proceda do mundo da lingua portuguesa. A mensaxe de Antônio Miranda, director da Biblioteca Nacional de Brasilia e editor do Portal de Poesía Iberoamericana, considera incluso ao poeta do Courel como integrante dese mesmo ámbito cultural: «Apoio incondicionalmente a candidatura do nosso grande poeta», di. O escritor e xornalista portugués José Viale Moutinho, divulgador da cultura galega no seu país, escribiu pola súa parte: «A Uxío devemos, para além da sua extraordinária humanidade, poemas como Vietnam canto , que cumpriram uma missão e são Arte. E a poesia galega deve-lhe uma força experimental da mais alta qualidade».
Outro autor portugués, o poeta António José Queirós, considera que a homenaxe pública solicitada para Novoneyra «é um acto justo que honrará a Galiza e as suas instituições culturais». Fernando Martinho Guimarães, profesor de filosofía e escritor, envía a súa mensaxe desde as illas Azores: «Uxío é um nome grande das letras galegas». O poeta portuense Amadeu Baptista, expresa a súa opinión dunha forma máis escueta: «Apoio, obviamente». Luiz Roberto Guedes, escritor e tradutor brasileiro, envía tamén unha mensaxe breve e expresiva: «O poeta vive!».
Outras personalidades da cultura de lingua portuguesa que manifestan o seu apoio á iniciativa son o escritor luso Nuno Rocha, os poetas brasileiros Andityas Soares de Moura Costa Matos e Henrique Marques Samyn e o editor Cláudio Giordano, de São Paulo.
A páxina web recolle tamén outras mensaxes de apoio procedentes do mundo lusófono cuxos autores son máis difíciles de identificar. É o caso de Laura Reis França, quen escribe desde a cidade brasileira de Bahía e enxalza a figura de Uxío Novoneyra «pela sua contribuição á literatura galega-portuguesa-brasileira» e «pela sua poesia metafísica e social que nos transmite humanidade». Outro brasileiro, Francisco Miguel de Moura, manda a súa mensaxe desde o estado de Piauí e expresa o seu apoio ao poeta courelao e á literatura galega en xeral, que cualifica de «muito simpática».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios