pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Un poeta courelao e universal

A campaña para solicitar o Día das Letras Galegas do 2010 para Uxío Novoneyra pon de manifesto o aprezo que existe polo autor de «Os eidos» fóra de Galicia

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

A campaña que leva a cabo en Internet para pedir que se dedique a Uxío Novoneyra o Día das Letras Galegas de 1999 está poñendo de manifesto a ampla difusión que ten fóra de Galicia a obra do poeta courelao, cuxo noveno cabodano se celebrará o próximo día 30. Os apoios que recibe esta iniciativa non só están chegando desde de toda Galicia e doutras comunidades, senón tamén desde lugares tan afastados como Xapón ou Brasil, e en moitos casos proceden de destacadas figuras da cultura.

A páxina web Uxionovoneyra.com, creada por un grupo de amigos e seguidores do poeta, non só permite asinar en apoio da referida petición, senón tamén deixar comentarios persoais sobre a súa figura e obra literaria. Isto permite recoller mensaxes como a do célebre poeta arxentino Juan Gelman, gañador do premio Cervantes do 2007, quen escribiu desde a súa residencia en México: «Es para mí un honor apoyar el homenaje a Uxío Novoneyra, que le es debido hace años».

Gelman non é o único autor hispanoamericano que secunda a compaña, tamén apoiada pola escritora venezolana Raquel Molina, quen considera que «es importante dar a conocer y apoyar la creación de autores que representa parte del sentir e historia de los pueblos». Tamén quixo expresar o seu parecer o filólogo Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Toquio e autor dunha gramática do idioma galego para xaponeses: «Uxío Novoneyra, entre os dous mundos, Galiza e Xapón».

País Vasco e Cataluña

Algunhas das mensaxes recibidas na páxina indican que obra literaria do poeta de Parada é bastante coñecida no ámbito das demais literaturas escritas en linguas peninsulares. Cabe recordar, a este respecto, que no mundo da poesía en lingua vasca tivo hai anos unha importante repercusión a tradución de Os eidos , publicado en eusquera co título de Bazterrak . A escritora vascofrancesa Itxaro Borda envía unha mensaxe de recoñecemento en vasco coa tradución en castelán: «Uxío Novoneyra fue un gran poeta, pero tambien para mí, con Manuel María y Luísa Villalta, mi amigo gallego. Moitas gracias, Uxío». O tradutor Lluís Felip i Aced, autor da versión en catalán da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal , tamén recoñece unha débeda con Novoneyra: «O meu apoio e sobretodo a miña gratitude a quen me fixo amar esta lingua e esta terra», escribe directamente en galego. O poeta catalán Josepmiquel Servià emprega a súa propia lingua para manifestar «toda a admiración polo poeta e por esas adoradas terras galegas».

Entre os que se adheriron por agora á campaña figuran tamén os poetas de expresión francesa Alain Jégou -natural da Bretaña-, Claude Royet-Journoud e Béatrice Machet, así como a escritora italiana Donatella Bissuti, pero todos eles optaron por asinar sen deixar escrita a súa opinión.

Opinións galegas

Como é de supoñer, a campaña tamén está a ser apoiada por numerosos intelectuais galegos. Entre eles figuran o novelista Agustín Fernández Paz, quen apunta que «chegaría un único verso para apoiar a candidatura ("Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!")». O escritor Séchu Sende manifesta a súa adhesión en forma de eslogan: «Sempre Uxío, sempre Courel, palabras contra canteiras». O filólogo Carlos Paulo Martínez Pereiro apoia sen reservas «este e calquera outro recoñecemento a un dos grandes e renovadores poetas da Galiza (e non só)». O poeta Xosé Henrique Rivadulla Corcón afirma pola súa parte que «se Uxío volvera e necesitara un escudeiro quixese selo eu».

 

ENVIAR NOTICIA  

Un poeta courelao e universal

A campaña para solicitar o Día das Letras Galegas do 2010 para Uxío Novoneyra pon de manifesto o aprezo que existe polo autor de «Os eidos» fóra de Galicia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
O poeta Uxío Novoneyra nunha imaxe tomada nun acto público en 1999, o ano do seu pasamento
Autor de la imagen: | TINO VIZ
Takekazu Asaka, Juan Gelman e Viale Moutinho apoiaron a petición dun Día das Letras Galegas para Novoneyra
Takekazu Asaka, Juan Gelman e Viale Moutinho apoiaron a petición dun Día das Letras Galegas para Novoneyra
Takekazu Asaka, Juan Gelman e Viale Moutinho apoiaron a petición dun Día das Letras Galegas para Novoneyra

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.