«As bandas están en crise por falta de directores con dedicación exclusiva»

LEMOS

29 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Carlos Diéguez é un músico monfortino de 26 anos licenciado en trombón e dirección de bandas. Dirixiu a Escola de Música de Sober e dende xullo é o director da de Ortigueira. Hoxe marcha a Bos Aires para participar nun festival de bandas e nun seminario de dirección. O 20 de decembro dirixirá a Banda Nacional de Conciertos de Cuba con motivo do centenario da primeira interpretación do himno galego, que fora antes himno do centro galego de La Habana.

-¿Sobre que falará en Bos Aires?

-Da historia das bandas e da súa evolución, un asunto que trato no meu próximo libro Tocando al viento .

-¿Como ve a situación actual das bandas?

-As bandas están en crise por falta de directores con dedicación exclusiva. O director debe ser un profesional que faga á vez de xestor cultural. Entre 1990 e o 2000 houbo unha evolución importante, pero agora, sobre todo no rural, están en crise. Tamén se deberían coordinar as escolas de música e o conservatorio para que salgan alumnos para as bandas.

-¿Cal será o seu papel en Cuba?

-A primeira parte do concerto será dirixir música cubana e logo música galega de Pascual Veiga e Juan Montes para rematar co himno galego.

-Imaxino que é un orgullo.

-É un acto moi emotivo porque cen anos despois vou dirixir a mesma banda, no mesmo lugar e o mesmo día que se interpretou o himno por primeira vez.