
ASEGURA a lenda que a Robert Frank, que acaba de recibir o Premio PhotoEspaña 2007, lle roubaron a Leica cando Robert Delpire lle publicou en París The Americans, o libro para o que daquela non atopara editor nos Estados Unidos. E que el dixo que non lle importaba quedar sen cámara, porque todo canto tiña que dicir... xa o contara. Por fortuna, o creador daquela obra que estaba chamada a converterse nun dos grandes clásicos da fotografía humanista, reconsiderou anos despois a súa decisión de non facer máis fotos. Comprou outra cámara. Así naceu un libro posterior, dificilmente clasificable, do que quizais non se ten falado nin escrito tanto, The lines of my hand. Unha obra que reúne imaxes captadas en circunstancias, lugares e momentos moi distintos (a Suíza na que Frank naceu, a América na que non se sentiu ben recibido, a España pola que viaxou baixo unha luz que xamais era a mesma...), porque á fin é a autobiografía dun fotógrafo que che presta os ollos para mirar máis alá da obviedade; o relato dun home que tamén fala de si mesmo cando dispara a Leica que o acompaña. Hai quen considera as fotos de Robert Frank un discurso indescifrable; é o que se ten dito da literatura de autores como Laxness, Benet, Faulkner ou o mellor Cela. Pero as súas imaxes, como a dos nenos galeses que rin baixo a chuvia, quedan na retina para sempre. Porque a verdade raramente habita o que parece obvio. Non, as liñas da man non enganan.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177