
Entrevista | Laura Sánchez Piñón
A responsable de Educación asegura que o decreto segue a ser o decreto de todos, consensuado polos tres grupos políticos, e que garante as competencias nas dúas linguas
SANDRA ALONSO
Segundo as súas verbas, a primeira sorprendida pola ruptura do consenso foi a propia conselleira.
-En ningún momento o pensamos: con todas as incorporacións que fixemos, do Consello Consultivo e dos grupos políticos (maiormente do PP), algunhas mesmo que non ían ao fondo, pero que iamos modificando en aras do consenso. En ningún momento pensamos, de verdade, que se ía romper o consenso. Unha parte polo menos do PP cónstame que en ningún momento quixo abandonar.
-Espero que si, coas salvagardas que se puxeron ao reflectir o Plan de Normalización e ao incorporar todas as consideracións do Consultivo que poderían incidir nos dereitos. Nunha das derradeiras reunións de febreiro, cando se pechou o pacto, xa se acordou a redacción de «utilizar con carácter xeral». De feito, no decreto do 95 non estaba claro, e un recurso no TSXG fixo que se modificara. Na modificación do decreto, no 97, enviouse ao Consello Consultivo e o propio órgano di que a frase «con carácter xeral nos parece máis axeitada para manter a cooficialidade dos dous idiomas, o bilingüismo, porque é unívoca no sentido da defensa do bilingüismo dunha maneira clara e determinante». Cando consensuamos o texto en febreiro, tivemos isto en conta, e por iso aparece a expresión con carácter xeral. Xa estaba consensuada.
-Sei que persoas participaron no ditame e cal foi o poñente, pero no Consultivo hai un debate e non temos a posición de cada membro.
-Si, é paradoxal que un órgano de garantía xurídica fixera no 97 un informe tan favorable respecto ao mesmo tema. Nós estabamos moi tranquilos, e de feito adoptamos a mesma redacción para que fora igual de clara.
-Seguimos confiando en que estea nel.
-Non, penso que vai a ser moi tranquila e non vai haber ningún problema. Non recibimos ningunha queixa, nin carta ou correo de preocupación.
-A realidade lingüística non é esa, e está ben clara nos informes do Consello Escolar de Galicia e do Instituto Nacional de Estatística.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177