
ESCULTOR E COLECCIONISTA
PILI PROL
?ta o día 24 aínda se pode visitar en Área Central a exposición O afiador e o seu oficio que, co apoio da Fundación Sotelo Blanco, presenta aparellos recompilados polo coleccionista e escultor Florencio de Arboiro sobre un dos oficios máis característicos de Galicia. Para este ourensán de San Xoán de Río, o seu cos afiadores é algo máis ca unha paixón.
-¿De onde vén esta afección?
-O tema da arte herdeino do meu avó, que era un artista aínda que non podía vivir da escultura.
-¿E o de coleccionar trebellos de afiador?
-Como artista de pobo, non podía deixar pasar un oficio que desaparecía. Crieime en ambiente de afiadores, de aquí saíron pobos enteiros de homes que se dedicaban a afiar. Había que deixar testemuña desta cultura.
-Hoxe ten esta colección incrible.
-A mellor do mundo. Na Arxentina falaban de afiadores italianos, e fun a Italia a localizalos, no Val de Resia, lindando con Eslovenia. A miña sorpresa foi que eles descoñecían o mundo dos afiadores de Ourense, pero era case un mundo paralelo, cunha xeografía como pode ser a de Chandrexa e un oficio coas mesmas peculiaridades, aínda que as rodas son distintas. Tamén contactei cos afiadores do Pirineo Francés.
-¿Que é unha tarazana?
-A roda de afiar en barallete, o idioma dos afiadores. Agora o estamos a traducir ao francés, o inglés, o alemán e o italiano.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177