La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • .
  • .
Logotipo de La Voz de Galicia

Opinión

PINGAS DE CRISTALUnha de vítimas


EL CHÁMASE Rafiq Naunari, ela, non se sabe. Tan só transcendeu que é unha nena de oito anos, que foi raptada cando ía camiño da escola.

El cometeu unha violación a unha menor, e ela foi a vítima.

El foi xulgado por unha corte tribal do seu lugar paquistaní, ela resignarase a cargar o resto da vida con tal aldraxe.

El foi absolto, pero a súa muller, ela outra vez, foi condenada a pagar o delito do seu cónxuxe. Sería entregada ao pai da nena, Nawaz, se non fose porque logrou fuxir antes de executarse a sentenza.

El e elas. ¡Tan diferentes!

El, o infractor, e elas, sempre as vítimas, sexa por sufrir a agresión de primeira man ou ben por enmedar a culpa do outro.

Elas... Elas son moitas neste caso e en tantos outros. A nena violada a primeira, as sobriñas de Rafiq en segundo lugar, pois antes que a propia muller, foron ofrecidas en matrimonio ao pai da nena, quen as rexeitou. E en último lugar, a muller do transgresor. Todas mulleres, pagando culpas alleas.

A policía de Multán Mirza Muhhammad Ali escúdase en que nin a familia da meniña nin a do violador denunciaron o caso ante as autoridades, e que, polo tanto, a sentenza tan só se basea na interpretación da tradición, e non nas leis da xustiza.

Sempre está ben coñecer e respectar os costumes e a cultura dos demais, pero casos coma este producen un revulsivo, porque amargan e feren no corazón.

Claro que, coñecendo algunha das sentenzas de países desenvolvidos, onde non hai condenas exemplares, senón que a maioría delas se suavizan por «bo comportamento» (excelente se cabe) dos presos... pois tampouco teñen moito que envexar, nin nós moito que dicir, ¿non?

¡Ah! A sorte que temos é que vivimos nun país totalmente civilizado. Non esquezamos que o día 4 de xuño é o Día Internacional dos Nenos Inocentes Vítimas de Agresión. ¡Non vaia ser!

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177