
No inventario arqueolóxico do municipio non figura ningunha inscultura rupestre
Os gravados encóntranse en rochas das parroquias de Espasantes e Acedre
CARLOS RUEDA
?inco conxuntos de petroglifos non inventariados ata agora foron localizados en días pasados en diversos puntos do municipio de Pantón. Catro destes grupos de gravados rupestres foron localizados na parroquia de Espasantes, nas proximidades do castro do mesmo nome. O restante está labrado nunha pedra que foi cortada hai tempo para utilizala como material de construción e que se conserva nunha casa da parroquia de San Román de Acedre.
Os gravados de Espasantes foron localizados por Alfonso Campos, profesor de Escola de Música do Concello de Sober e investigador afeccionado do patrimonio histórico, cando percorría a zona en compañía de Carlos Rueda, experto en sendeirismo e colaborador deste periódico. Os petroglifos encóntranse nos lugares de Torre do Castro, Vilaxilde e A Cariza e son do tipo coñecido como coviñas ou cazoletas, consistente en pequenas incisións circulares praticadas sobre a rocha. O conxunto máis importante, o da Cariza, está formado por 38 cazoletas. En Torre do Castro apareceron dous grupos diferentes, formados por un pequeno número de incisións. As figuras gravadas na pedra de San Román de Acedre ofrecen un deseño de tipo circular.
A estes achados súmase a localización dunha pequena pía, unha cavidade escavada nunha rocha situada no lugar de Torre do Castro, onde teñen aparecido diversos indicios da existencia dun asentamento castrexo romanizado. Este elemento foi encontrado por Brais González Álvarez, un xove veciño de Vilaxilde de 13 anos, que lle indicou a súa existencia a Alfonso Campos.
No inventario do patrimonio arqueolóxico de Pantón incluído no proxecto do Plano Xeral de Ordenación Municipal non figura ningún destes gravados rupestres. «En realidade, no inventario non está sinalado ningún petroglifo en todo o municipio», indica Alfonso Campos. «É curioso que non se investigase ata agora este patrimonio, porque o escritor Leandro Carré Alvarellos xa sinalou hai bastantes anos que había petroglifos en diversos lugares de Pantón», engade.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177