La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 21 de abril del 2007
Logotipo de La Voz de Galicia

CARBALLO

«O plan xeral é fundamental»

Entrevista | Roberto García



Roberto García preséntase como independente

Como enxeñeiro agrónomo que é, Roberto García, o novo candidato do BNG en Malpica, coñece ben o campo. Pero non só o medio rural, xa que dende hai semanas reúnese con todos os sectores da localidade para coñecer a fondo os problemas do municipio.

-¿Que foi o que lle moveu a encabezar a lista do BNG?

-Chegoume a hora, por idade, por sentimentos, por un montón de circunstancias.

-¿Por que co BNG e non con outro?

-Vou a empezar como independente, pero penso que os galegos temos que mirar cara ao noso e nese senso o BNG encaixa moito mellor coas miñas ideas porque pensa só en Galicia, sen medo a que ninguén lle diga o que ten que facer dende Madrid.

-¿Que proxectos ten en mente para Malpica?

-O noso pensa en cousas básicas para que o Concello teña ben os pilares. O máis importante é crear emprego, e por iso o polígono industrial é básico. Tamén é imprescindible para o desenvolvemento de Malpica unha galescola e un centro de atención á terceira idade. Son dous servizos básicos para que a xente se asente en Malpica, ao igual que as vivendas sociais. Non son ideas novedosas, senón necesarias.

-O urbanismo é un tema moi sensible en Malpica. ¿Cómo lle fará fronte?

-A xente ten que sensibilizarse de que é moi importante poñerlle orde, e iso require moitos esforzos, moitas reunións, porque hai moitos intereses e é moi delicado. Hai que poñer orde para que non haxa inseguridade para os promotores, nin para o que compra. O plan xeral é fundamental.

-As eleccións estarán moi reñidas, pois concorren seis grupos. ¿Que resultados agarda o BNG?

-Un vai ás batallas con ánimo de gañar sempre, pero creo que en Malpica, hoxe por hoxe, ninguén se vai comer o mundo. Imos coa confianza de gañar, pero se non é así haberá que sentarse a falar cos demais para poder afrontar o Concello coas maiores garantías posibles e coa mayor estabilidade.

-¿Por que lle deberían votar os veciños?

-No sector do campo coñécenme bastante ben, e saben que eu nunca lle dou as costas aos problemas e, se teño que tomar unha decisión, tómoa, sempre pensando no ben da maioría. Os gobernantes non poden quedar ben con todo o mundo e non me vai a queimar a man á hora de tomar decisións en asuntos que son básicos para o pobo de Malpica.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177