
? Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, segundo indican os responsables da Consellería de Medio Ambiente, ten por finalidade inventariar e protexer «aqueles exemplares ou mouteiras cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, culturais, científicos, didácticos, estéticos ou paisaxísticos». A consellería poderá decidir a inclusión de árbores ou conxuntos de árbores nesta lista independentemente de que estes xa se encontren en espazos naturais protexidos ou de que lles poidan aplicar réximes específicos de protección, como o de monumento natural ou paisaxe protexida.
A Consellería de Medio Ambiente ofrece a posibilidade de contribuír a incrementar este inventario propoñendo a inclusión de árbores e pequena formacións boscosas. O Diario Oficial de Galicia do pasado martes, no que se publicou o decreto de creación deste catálogo, inclúe un formulario para dirixir solicitudes deste tipo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Municipios
O catálogo elaborado pola Xunta comprende por agora 106 exemplares e 21 conxuntos de árbores. As vinte e cinco árbores singulares lucenses que figuran nesta lita encóntranse nos municipios de Baleira, Begonte, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, O Courel, O Incio, Foz, Lugo, Monforte, Navia de Suarna, Pantón, A Pobra do Brollón, Samos, Taboada, Vilalba, Viveiro e Xermade.
Na lista inclúense todo tipo de árbores que destaquen especialmente polo seu tamaño, idade ou outros motivos, sen facer diferencias entre as especies autóctonas e as orixinarias doutras latitudes. Deste xeito, no inventario figuran, ademais dos mencionados eucaliptos de Viveiro, un ciprés de California que se conserva no mesmo municipio e un un ciprés de Lawson -unha especie procedente do oeste de Norteamérica- que medra en terras do Incio. Xunto a estas variedades exóticas, no apartado lucense do catálogo aparecen exemplares de carballo, rebolo, castiñeiro, freixo, amieiro, pradairo, plátano, ciprés e sobreira.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177