La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 13 de marzo del 2007
Logotipo de La Voz de Galicia

SANTIAGO

Crónica | Cinco sedes para unha gran exposiciónO debuxo, con entidade propia


A obra gráfica das coleccións públicas da cidade dialoga cos creadores de hoxe.

  • Autor del comentario:
    Concha Pino
    Localidad:
    santiago
  • ImprimirVolver




				Sandra Alonso

Do primeiro cómic galego ás camisetas de Rei Cintolo con parada demorada do primeiro andar.

Coa ruidosa protesta dos traballadores da limpeza de fondo, inaugurouse no Parque da Música a exposición O debuxo por diante , unha produción pioneira que nace da colaboración entre a Xunta, a traveso do CGAC, a Universidade e do Concello co obxectivo de poñer en valor o debuxo como arte tomando como punto de partida a obra gráfica que existe nas coleccións públicas da cidade.

O proxecto non é historicista nin se concreta nunha mera exposición espectáculo tirando dos ricos e variados fondos públicos. Vai máis aló ofrecendo lecturas que en todos os casos teñen o debuxo como fío condutor dun discurso plástico coherente e con entidade propia como obra de arte. Os comisarios Montse Cea, Eduardo Valiña e Kiko da Silva lograron materializar un proxecto cheo de sorpresas e achados que se reparte en cinco sedes.

A exposición ten tres partes que non están illadas. Os fondos das coleccións, que están nunha ou noutra sede con independencia da súa procedencia, son o groso da montaxe e conforman a parte que denominan Vasos comunicantes . Neste discurso, cun espazo propio no CGAC, entra o campo da ilustración contemporánea, as creacións de colectivos artísticos dedicados en moitos casos a produción comercial e de lecer que nunca foron consideradas arte, como indicou Kiko da Silva. Son os ilustradores, humoristas gráficos e os que fan banda deseñada. Rende homenaxe a Raimundo Patiño e Xaquín Marín, autores do primeiro cómic galego.

O terceiro pé da proposta é Por fóra do papel , que presenta cinco intervencións doutros tantos artistas contemporáneos nas que o debuxo é o eixo de cada traballo. Rubén Santiago cuestiona as exposicións espectáculo e o criterio de valoración cuantitativo ao pé do Auditorio con Acta pública probanti se ipsa (Os feitos públicos próbanse por se mesmos) ; Ignacio Uriarte montou The A4-Cycle na sede da Fundación Granell, en Bendaña; Mauro Trastoy conta co simbolismo da Igrexa da Universidade e os referentes da cultura católica para a intervención Rara Avis ; Irene Van de Mhenn realizou a instalación Cada vez máis no CGAC; e Juan Carlos Bracho estrea Zona C, en Bonaval, cunha obra en construción.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177