
En directo | Espolio do patrimonio etnográfico
Veciños dunha aldea da Pobra do Brollón difunden en Internet a imaxe dunha peza histórica roubada
? espolio do patrimonio histórico non afecta só aos obxectos artísticos gardados en igrexas e capelas rurais. Os veciños de Parada de Montes, na Pobra do Brollón, víronse privados dun reloxo de sol que estaba instalado desde hai moitos anos nunha rúa da aldea. Hai aproximadamente un mes, a peza desapareceu do lugar onde se encontraba, o muro dunha antiga vivenda abandonada que se derrumbou en grande parte en tempos recentes.
O reloxo, de feitura moi sinxela e labrado nunha laxe de pizarra, posuía un importante valor sentimental para os veciños da localidade, ademais do seu notable interese etnográfico. Non se pode precisar con exactitude a antigüidade da peza artesanal pero, polo que se sabe, levaba indicando as horas aos habitantes de Parada de Montes desde hai bastantes xeracións, talvez desde hai un par de séculos.
Algúns veciños que conservaban fotografías do reloxo están a difundir a súa imaxe en diversas páxinas de Internet. «A idea é intentar recuperalo e, se non é posible, ao menos que a xente que o roubou o teña complicado para vendelo ou para poñelo á vista, que a xente que o vexa saiba que é roubado en Parada de Montes», explica unha veciña. A web do profesor monfortino José Ramón Casanova foi unha das primeiras que divulgaron a imaxe.
En canto aos posibles autores do roubo, un dos habitantes de Parada de Montes cre que puideron ser os ocupantes dun par de coches -un deles de cor azul, polo que recorda- que pasaron pola localidade nos días en que desapareceu o reloxo. Os responsables municipais opinan que esas persoas poden ser tamén os autores dalgúns pequenos furtos rexistrados ultimamente en diversas localidades do municipio.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177