
A santiaguesa María Esther Fernández Carrodeguas foi a gañadora da 32.º edición do certame Modesto R. Figueiredo de narracións breves, convocado polo Pedrón de Ouro, polo seu traballo Subir o telón . O xurado premiou tamén os relatos O monstro no labirinto e A cota láctea , da coruñesa Begoña Paz Rey e o ferrolán César Carracedo Pose, respectivamente.
O xurado estivo formado por Avelino Abuín de Tembra, presidente do Pedrón de Ouro; X. Ramón Fandiño Veiga, Paco Martín; Marilar Alexandre, que representou ao PEN Clube de Galicia; Carlos Negro, da Asociación de Escritores en Língua Galega; Xosé Manuel García Trigo, que representou ao Concello de Moaña, que asumiu este ano o mecenazgo do certame; e David Otero como secretario. O premio será entregado o día 30 no salón de actos do concello moañés. A dotación económica do certame é reducida (600 euros para o gañador e 240 euros para os accésits), pero o Modesto R. Figueiredo é un dos certames máis importantes de Galicia.
Presentaron obras un total de 57 escritores. Chegaron traballos de residentes en distintos lugares de España e de países como Italia ou Inglaterra.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177