
Llorenç Soler dirixiu algunha das principais películas da transición
«A ponte da morriña» e «O monte é noso» son dous dos títulos do director valenciano
A Academia Galega do Audiovisual premiou coa súa medalla de ouro anual a Llorenç Soler (Valencia, 1936) quen durante a transición se converteu no principal documentalista en Galicia. O galardón será entregado o vindeiro 1 de decembro na cea que todos os anos convoca a AGA.
O director Carlos Amil explicou onte as razóns deste premio e algúns dos motivos polos que que Soler acabou traballando intensamente en Galicia como director de documentais. Catro títulos de documentais de cine entre os relacionados con Galicia forman parte da memoria audiovisual do país: Autopista, unha navallada na nosa terra, realizado sobre as mobilizacións contra a construción da autopista; O monte é noso, sobre as reivindicacións veciñais do monte comunal galego ou Gitanos sin romancero, un documental sobre a comunidade xitana de Poio e o proxecto de asentamento que se fixo nesa localidade pontevedresa a finais dos anos setenta. Soler foi tamén o responsable de A ponte da morriña, unha película na que falaban veciños do Caurel e que, segundo Amil, «aínda se utilizan para documentar algúns programas de televisión». Durante este mesmo ano, Soler realizou El hombre que sonreía a la muerte, sobre a vida de Ramón Sampedro.
Segundo Carlos Amil «un dos paradoxos do audiovisual galego nos setenta é que case todo se orientou á ficción e o terreo documental quedou sen traballar, afortunadamente Llorenç Soler cubriu unha parte dese traballo». O realizador traballou para televisión e fixo longas de ficción como Saïd ou Lola vende cá .
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177