La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 08 de noviembre del 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

BARBANZA

Os arqueólogos din que a punta de Neixón foi un lugar comercial

O director das escavacións salienta os traballos da metalurxia de ferro
As investigacións do 2007 se farán na terraza situada entre os dous poboados e no castro pequeno

  • Autor del comentario:
    Chechu López
    Localidad:
    ribeira
  • ImprimirVolver

?espois de catro anos de escavacións no castro grande de Neixón, os arqueólogos que traballaron neste xacemento están convencidos do gran potencial económico que tiña este lugar. As súas máis recentes averiguacións se refiren a que esta punta tivo case exclusivamente un uso mercantil, especialmente entre os séculos IV e II antes de Cristo. O director das exploracións arqueolóxicas, Xurxo Ayán, afirmou que boa parte dos achados, tanto obxectos como fosas de almacenamento, permiten concluír que foi un importante centro comercial, sobre todo cos países bañados polo mar Mediterráneo.

«O castro grande de Neixón se construíu no século IV antes de Cristo cunha finalidade social, para ser un lugar de reunión, almacén de colleitas, e como un centro distribuidor de diversos materiais», precisou Ayán. Este arqueólogo tamén apuntou que as derradeiras sondaxes na zona lles permitiron deducir que o recinto superior de dito poboado non tiña casas, pois polo de agora só apareceron seis fosas de almacenaxe agrario, ademais dos recintos fortificados, «o que respalda a nosa tese de que este poboado foi pensado para o intercambio comercial, semellante aos que hai en Gales ou Inglaterra», subliñou.

Balance

Estas e outras valoracións as dará a coñecer Xurxo Ayán ao longo dunha charla que se desenvolverá mañá, a partires das oito da tarde, no centro social de Boiro. De este modo, fará referencia á proximidade do castro grande de Neixón respecto das minas de estaño e da zona portuaria, «o que redunda máis na nosa idea de que foi un estratéxico punto comercial, ademais de servir de apoio a que o proxecto e os campos de traballo nos que estamos embarcados é moi ilusionante», afirmou o director de ditas escavacións.

«Ese é a revelación máis importante do noso traballo e que diferenza este castro dos outros que se levantaron no resto de Galicia. Os achados desde o 2003 dan maior relevancia ao esforzo que se está facendo nestas escavacións. En vindeiros anos, a bo seguro que damos con cousas sorprendentes, como xa ocorreu ata o de agora», matizou Ayán.

O arqueólogo engadiu que, ademais dun punto de importación, a punta de Neixón tamén destacou por unha importante metalurxia de ferro, que vendía aos comerciantes procedentes do Mediterráneo. «Os castreses adaptaron as súas técnicas do bronce a este outro metal, e aproveitaron tamén as boas ideas que traían os cartaxineses, imitando o que eles lles transmitiron. A modelaxe dos metais locais facíase cunha técnica moi depurada, como o demostra o machado de ferro que atopamos, entre outros utensilios», salientou.

Ayán indicou que nun futuro intentarán confirmar algunhas hipóteses que barallan sobre estes poboados castreses, como que na terraza situada entre as dúas zonas fortificadas producíronse asentamentos permanentes de comerciantes. Os arqueólogos sondearán un pouco máis ese lugar na vindeira campaña para determinar se había algunha zona residencial. Do mesmo xeito retomarán as escavacións no castro pequeno, do que se descoñece a súa funcionalidade, pois das exploracións feitas hai dúas décadas tan só se conservan tres follas con algúns resultados, pero pouco valiosos.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177