La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición dixital de La Voz de Galicia. O diario máis lido de Galicia grazas á participación dos seus lectores, coa última actualidade, multimedia, opinión e debates sobre negocios, deportes, cine, viaxes, libros, emprego, educación, inmobiliaria, automóbiles e moito máis nas súas 14 edicións: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Madrid
  • 02 de setembro do 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

Suspenden polo seu labor na crise a Suárez Canal, Feijoo e Zapatero

VALORACIÓN DE DIRIXENTES

?l conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal (4,59 puntos sobre 10); o líder do PP galego, Alberto Núñez Feijoo (4,01); e o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero (4,65), sobresaen na relación de dirixentes peor valorados polos galegos polo seu papel na crise dos incendios que arrasaron Galicia o mes pasado.

Segundo o traballo de Sondaxe, unicamente o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño (5,38), e o vicepresidente, Anxo Quintana (5), aproban nunha lista na que tamén figuran pola súa implicación na crise o presidente do PP, Mariano Rajoy (3,71); e os conselleiros de Medio Ambiente, Manuel Vázquez (4,17), e de Presidencia, José Luis Méndez Romeu (3,97).

Provincias críticas

A tenor dos resultados da sondaxe, a imaxe de Feijoo coa mangueira causoulle máis dano ao xefe da oposición que a Touriño as súas manifestacións de que a situación estaba «baixo control» mentres a fachada atlántica galega ardía de norte a sur.

Esa distribución xeográfica dos incendios forestais, con especial incidencia nas provincias de Pontevedra e A Coruña, parece condicionar a apreciación que os consultados teñen da xestión da crise en función do seu lugar de residencia. Así, o 31% dos coruñeses e o 27,8% dos pontevedreses enquisados consideran «mala ou moi mala» a actuación da Xunta.

A clasificación das respostas por sexo e idade dos consultados revela que, en xeral, os homes fan unha lectura máis crítica da xestión da crise que as mulleres. Ademais, as opinións máis negativas aumentan no grupo de enquisados de 25 a 55 anos e descenden entre os máis novos e os maiores de 55.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. resérvase todos os dereitos como autor colectivo deste xornal e, ao amparo do art. 32.1 da Lei de Propiedade Intelectual, expresamente oponse á consideración como citas das reproducións periódicas efectuadas en forma de reseñas ou revista de prensa. Sen a previa autorización por escrito da sociedade editora, esta publicación non pode ser, nin en todo nin en parte, reproducida, distribuída,comunicada publicamente, rexistrada ou transmitida por un sistema de recuperación de información, nin tratada ou explotada por ningún medio ou sistema, sexa mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia ou calquera outro en xeral. M da Coruña no Tomo 2.438 do Arquivo, Sección Xeral, ao folio 92, folla C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España) RM da Coruña: tomo 2413, folio 84, folla C-12502. CIF: B -15.482.177