La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 30 de julio del 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

ULTIMA

A cara b | Mela Casal, actriz«Sempre fun a amiga simpática»


Un abismo separa á Socorrito de «Luar», á alcaldesa de Portozás e á Sofía de «A vida por diante»; pero todas son unha soa

  • Autor del comentario:
    Nacho Mirás, nacho.miras@lavoz.es
    Localidad:
  • ImprimirVolver


Mela, caracterizada como Sofía, en plena rodaxe

				CÉSAR QUIÁN

Pode bater con ela na rúa e non a recoñecería. Pode recibir unha carta súa por erro e nunca caería na conta de que ela é ela. Dolores de los Milagros Casal Devesa (Rodiño Grande-Boqueixón, A Coruña, mil novecentos e pico) é Socorrito para o público fiel do Luar ; a sempiterna Celia, alcaldesa de Portozás, para outros moitos; ou a atormentada Sofía de A vida por diante, para outros tantos. Pero para todos é Mela Casal, nacida un catro de xullo.

-O público de «A vida por diante» pode estar tranquilo, hai Sofía para outra boa tempada...

-Imos facer outros 26 capítulos. ¡Hai vida por diante e esperemos que haxa moitos máis!

-Véndoa así, sen maquillaxe, vestida de Mela, custa moito atopar a Sofía, son o día e a noite...

-Este é un papel moi bonito. No mar sempre se fala deles, pero non delas; son esas eternas descoñecidas que se pasan toda a vida aí, traballando, coidando dos fillos, facendo de todo, pensando só nos homes, pero eles morren e elas quedan aí. En audiovisual, ademais, é o primeiro traballo dramático que fago, sempre fixen papeis cómicos.

-Ao mellor, da traxedia á comedia ocorre como co amor e co odio, basta con cruzar unha liña...

-Creo que son dous estilos diferentes. O que pasa é que a tendencia cómica xa a teño de pequena: non era nin alta, nin guapa, só me quedaba ser simpática, sempre fun a amiga simpática. Pero sempre me gustou máis o drama e, neste papel, síntome moi cómoda.

-Aínda que vostede non é triste nin atormentada...

-Sofía leva toda a vida soa, non ten relacións afectivas con ninguén, pero é unha muller traballadora, esa muller que tampouco foi querida, que nunca viaxou, non saíu da casa. ¡Pero é capaz de levar unha inmobiliaria! Tamén é unha desas mulleres galegas que serven para todo e que, diante dunha desgraza, no canto de quedarse achicadas o que fan e medrar e dicir ¿Por que non?

-¿E Mela ten máis de Socorrito, de Sofía, de Celia, de ningunha...?

-Algo tes que poñer, somos actores e actrices pero algo sempre hai. Nós dámoslle vida aos personaxes que che tocan, e os personaxes viven. Unha das cousas que digo é que Sofía é crible porque unha o vive, procuro poñerme no sitio dela e saber como pensa. Cando estou de Sofía, non penso en que faría Mela. E con Celia pensaba como Celia. As galegas levamos un pouco diso sempre.

-Hai quen pensa que na vida dos actores hai papeis, papeliños e hai papelóns. ¿Agora está en tempo de papelóns?

-[Ri] É tan importante facer o papeliño ben feito como o papelón. Eu creo na obra no seu conxunto, eu soa non faría nada, se acaso un dez por cento. É tan importante o que só di na obra «¡Ola, boas tardes!», como o que xa ten un gran papelón deseñado, cunha personaxe conformada.

-¿A xente recoñece a Mela pola rúa? Cambia bastante fóra do plató...

-Sempre fixen papeis moi agradecidos, e a xente fálame como se fóra da súa familia, tócanme... Para min é moi agradable, forma parte do meu traballo e non me molesta. O que non confunden é a unhas personaxes con outras.

-¿Que ten por aí ademais da serie?

-Estou pendente dunha película para facer cun rapaz de Noia, tamén unha curtametraxe e, coa miña compañía de teatro, estamos cun espectáculo sobre o maltrato.

-Ten que ser moi delicado levar a un escenario un tema como ese...

-É un texto moi valente de Rosa Castro que remata cun debate no que participan unha psicóloga e unha avogada. Queremos poñer o noso gran de area para ver se deixa de morrer toda esa xente que morre.

-Aí tampouco hai sitio para o comedia, e si para a traxedia...

-Pero tampouco está feito en plan dramático. Está contado como o contan elas, sen dramatismos, como se lle pasara a outra persoa, pero o que se conta é moi duro. Isto non é unha cousa de mulleres, é de todos.

-¿Fai vida familiar?

-Sigo tendo os amigos que tiña cando era pequena, non cambiei nada. Para a miña familia, o que fago eu é un traballo máis. Meu pai ten 88 anos e cando me convidan a algún sitio e vou así, ben posta, di: «Aínda che é ben feita, pero anda sempre cunhas pintas...» [Ri].

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177