
A exposición do Salón de Outono do Grand Palais de París está aberta ao público no Mosteiro da Mercé desde o pasado martes 18 de xullo, aínda que a inauguración oficial será este xoves 27 de xullo. Ademais da mostra de arte de máis de oitenta artistas de todo o mundo, nesta segunda edición o programa será máis completo, xa que haberá conferencias, actuacións musicais, teatrais e moita poesía.
O día da inauguración, que terá lugar ás 21.00 horas no Mosteiro da Mercé, actuará o grupo Pepe Baamonde. Ademais, instalarase unha pantalla onde se proxectará a páxina multimedia que creou Xesús Quintana. Trátase dun traballo sobre o Camiño de Santiago desde O Cebreiro ata Sarria. O venres haberá tres conferencias ás 19.00 no NH Alfonso IX. Sixirei Paredes falará sobre Emigración e Globalización , Regalado sobre O Homo Viator: Hospitalidade e Emigración no Camiño de Santiago , e Espiña Gamallo achega de Peregrinos (Per Agra): Palmeiros e Romeiros, de Xerusalén e Roma a Santiago .
O grupo teatral Auliga ofrecerá unha actuación o 4 de agosto baixo o título Lectura e Actuación Dramática . Será no mosteiro da Mercé ás 19.30. O 11 haberá unha mesa redonda ás 19.00, Poética e Plástica , a cargo de Penas, Fernán-Vello, Aullón de Haro, Cajade Frías, D'Olhaberriague e Domínguez Rei. O 17 actuarán a soprano Florence Normier, o violinista Xavier Comesaña e a pianista Lorena Dapena. O concerto será na Iglesia dos Mercedarios ás 18.00.
Para rematar, o 18 haberá dúas conferencias no NH Alfonso IX. Barreiro Rivas ofrecerá a charla As Peregrinacións a Santiago, ou Primeiro Intento de unir Europa , e Portas Ferro, Poesía Galega non Camiño (Himnos Litúrxicos e Letras de Cantos Xacobeos) . Ademais, organizouse un taller de plástica. Os interesados poden inscribirse no NH Alfonso IX.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177