La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 22 de marzo del 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

AROUSA

Pesca deportiva en Ons e Sálvora

TRIBUNA PÚBLICA
| O |

UN PARQUE nacional é a máxima expresión de protección medioambiental, estamos de acordo, pero para protexer non é necesariamente prohibir e moito menos cando, os que prohiben, non teñen o máis mínimo dato sobre o que prexudica ou beneficia o prohibido.

Paso dende hai 30 anos a época estival en Ons, illa á que acoden nese tempo máis de mil persoas diarias domingueros ou non, e a miro moi limpa. No caso de prohibir algo serían as gaivotas que acoden en masa as papeleiras e contedores de lixo e no seu afán devorador, desparraman polo chan todo tipo de desperdicios que despois o vento encárgase de esparexer.

Noutra orde, Ons ao igual que as demais illas do parque, foron e aínda son un viveiro pesqueiro e marisqueiro que só acabará con el outro Prestige ou a superexplotación da pesca profesional.

Pesca profesional

Os encargados de prohibir din que a pesca profesional, é dicir, miles de nasas, trasmallos, betas, miños... centos de barcos a gasoil, aceites... miles de kilos de chumbo nas redes, nasas, boias... e un longo etcétera, é unha pesca compatíbel coa conservación dos fondos mariños do parque e polo tanto cunha xestión sostíbel deste. Pola contra aseguran que uns pescadores deportivos cunha cana ou un arpón poden danar o fondo mariño e desequilibar a fauna e flora, ¡incrible!

Os deportivos, ante semellante incongruencia, pedimos ás diferentes administracións datos que certifiquen semellante barbaridade. Podo asegurar que nin o ministerio, nin as Consellerías de Medio Ambiente e Pesca, nin a propia Dirección de Parques Nacionais, teñen nin o máis mínimo dato sobre a pesca deportiva nos que basearse para facer semellante prohibición.

As persoas que dende hai máis de 50 anos visitan as Illas, soían pescar maragotas, pintos, polbos, muxes..., que non están en perigo de extinción. Esta actividade deportiva que emprega técnicas artesanais, se se regula adecuadamente, sí é compatíbel coa conservación dos fondos mariños do parque nacional.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177