La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 17 de enero del 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

VIGO

«Enriqueta Otero creou a estructura guerrilleira en Lugo»

Entrevista | Anxo Rodríguez Gallardo
En «Letras armadas», o historiador Anxo Rodríguez recolle a vida de Enriqueta Otero, unha dirixente comunista na clandestinidade da posguerra luguesa



Anxo Rodríguez é profesor de historia nun instituto

				XOÁN CARLOS GIL

Cunha vida que faría tolear de envexa a calquera guionista de cine, Enriqueta Otero Blanco morreu en 1989 esquecida por todos no seu Lugo natal. Atrás quedaron os anos de ensino, de guerra no Madrid asediado, de oposición armada ao réxime franquista en Galicia, a tortura, a cadea e a volta aos traballos a prol da cultura popular.

O historiador Anxo Rodríguez Gallardo recolle agora a rica vida desta mestra no libro Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco .

-¿Quen era esta muller?

-Unha mestra de Lugo que, no estoupido da Guerra Civil, atópase en Madrid e que dende un ano antes achegárase ao comunismo. Durante a guerra encargouse da evacuación de nenos e, posteriomente, implicouse en tarefas culturais no exército republicano.

-¿Que lle pasou ao rematar a guerra?

-A guerra deixouna moi marcada e, dende 1939, adicouse, con outros militantes comunistas, a reconstruir o partido e unha estructura guerrilleira de certa sofisticación na provincia de Lugo.

-¿Por que non fuxíu?

-Cría que tiña que tentar rescatar o poder para o pobo. Ela tivo oportunidade de sair de España porque o partido facilitou a fuxida aos cadros medios, pero non quixo. Realmente quen reconstrue o Partido Comunista na clandestinidade son os cadros medios como ela.

-¿Cal e a súa labor neses anos escuros?

-Ela participa na creación dunha estructura guerrilleira na provincia e participa activamente na loita. A parte da súa capacidade organizativa, tiña a facilidade de escribir e iso a facía moi interesante para a divulgación do partido.

-¿E como era ela?

-Era unha persoa moi enérxica, con dotes de liderazgo. Polas testemuños que manexo, todo apunta a que foi o cadro máis relevante do partido en Galicia até o 46.

-¿Lugo foi a provincia máis activa da resistencia armada contra o réxime?

-Até o ano 1946 si, pero despois cambia cara a provincia da Coruña. En febreiro do 46, a policía deten a máis de oitenta membros guerrilleiros e practicamente queda desarticulado o Partido Comunista na provincia de Lugo. A policía tiña infiltrados na guerrilla e vaise producindo un goteo de caídas dende finais do ano 1945.

-¿Como caeu?

-A Guardia Civil e a policía a collen nunha casa das aforas de Lugo. Ela sae pistola en man e armada con bombas de man, manten un forte tiroteo cos guardias durante tres horas. Enriqueta foi ferida nun xeonllo e partir de aí comeza un período de torturas que remata nun consello de guerra.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177