La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 26 de noviembre del 2005
Logotipo de La Voz de Galicia

LUGO

Revisar e seguir

NO OUTEIRO
| O |

UNHA lei integral que loitara contra a violencia de xénero era precisa. Tiña que ser case por unha pura cuestión de dignidade política e social. Non obstante, elas, as que calan e aguantan até que un día xa non poden máis, e a maioría de nós, sabiamos ben que lexislando non se había rachar cunha realidade tan terríbel como a dos malos tratos.

Era difícil que o Parlamento acabara co problema. Pero algo había que facer entón. E agora poida que outro tanto. Haberá que revisar qué aspectos da lei resultaron positivos e cales non cumpriron cos seus obxectivos. Mírese a dotación orzamentaria e obsérvese se os xuíces están aplicando ben o espírito da lei. Asemade, se a sociedade é máis consciente e confía en resolver este problema.

Sorprende que xente nova e maior sexan por igual artífices e vítimas deste tipo de violencia. ¿E que non ten tregua? Ás veces, por incrible que pareza, os casos multiplícanse sen que ninguén poida facer nada. ¿Que pasa polo maxín dunha destas mentes retorcidas que se cre coa capacidade de maltratar e matar? Porque arestora falamos da violencia de xénero, pero hai que ter moi presente que os malos tratos non son exclusividade de e contra dun único sexo. A violencia é un mal universal e ten moitísimas raíces.

Quen a exerce contra dunha muller, porque se considera dono dela, afástase do respecto e crese convencido de que a muller non ten a súa mesma categoría humana. Algo realmente gravísimo. Aspectos como este son motivo das Xornadas Locais contra a Violencia de Xénero, organizadas pola Casa da Muller. Ogallá algún día xa non sexan necesarias.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177