La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 09 de noviembre del 2005
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

LÍNGUA GALEGAO galego entra nos congresos dos lingüistas de Estados Unidos

A asociación de linguas modernas inclúe nun encontro un panel sobre a fala de Galicia
A Universidade de Milwaukee tamén incorporará unha materia de Cultura Galega

  • Autor del comentario:
    Xesús Fraga
    Localidad:
    redacción
  • ImprimirVolver

A partir de hoxe, os estudos galegos serán máis coñecidos nos Estados Unidos. Entre os días 10 e 13 próximos, a Universidade de Milwaukee acollerá a 47 edición do congreso da Midwest Modern Language Association, unha das divisións da asociación de linguas máis importantes do país norteamericano. E, por primeira vez, aceptouse incluír un panel sobre o galego, baixo o título de Estudos galegos no século XXI: dimensións nacionais e transnacionais , moderado por Gabriel Rei-Doval.

O panel inclúe tres intervencións: A filla do inmigrante: regreso a Galicia , a cargo de Eva Roa White, da Universidade William Penn; A lingua galega nun contexto poscolonial , por Xavier Ferreira, da Universidade de Santiago, e A Guerra Civil española nos escritores galegos exiliados , por María Jesús Lama López, da Universidade de Barcelona. Rei-Doval deseñou o panel para encaixar nas liñas xerais do congreso, que xiran en torno á historia, memoria e exilio. O obxectivo é ofrecer unha panorámica ampla do que son os estudos galegos, dende varias perspectivas, na que asomen cuestións de interese, como o fenómeno da emigración, a tradición oral, a proximidade ao castelán e o portugués e as traducións. «Aínda que o panel se celebra de forma paralela a outros moitos, paréceme moi importante que as cuestións galegas comecen a soar como parte integral do estudo das linguas modernas nos Estados Unidos», explica o coordinador.

Acadar unha proxección para o idioma é o obxectivo final: «Pode axudar a visibilizarnos no eido do hispanismo, do lusitanismo e de diferentes perspectivas nas que os temas galegos son relevantes», di Rei-Doval. Entre eses temas atópanse os estudos atlánticos e poscoloniais, a emigración ou o contacto entre linguas.

Rei-Doval admite que o galego é unha «pinga» no mar que pode ser o congreso, pero que tamén é un excelente punto de partida «para que saiban que existimos». Ademais, este docente traballa noutras frontes: este ano vén de conseguir en Milwaukee que se incorpore unha materia de Cultura Galega na Universidade, que podería implementarse o vindeiro ano. Esta modificación introduciuse na reforma do segundo ciclo do programa de Español.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177