
As pezas son obras únicas feitas a proposta da galerista compostelá Marián Diéguez
Os autores son Álvaro de la Vega, Casás, Leiro, Redpath, Patinha e Silverio Rivas
JAVIER RAMA
? galería Noroeste reúne dende o pasado xoves e ata o 30 de novembro unha colección de bastóns. Son obras de arte realizadas por seis escultores que aceptaron a proposta que lles fixo Marián Diéguez de crear pezas escultóricas a partirés da idea deste obxecto de uso común. Os autores son os artistas galegos Álvaro de la Vega, Fernando Casás, Francisco Leiro e Silverio Rivas; o portugués Manuel Patinha e a inglesa afincada dende hai anos en Compostela Jo Redpath.
A galerista Marián Diéguez sorprende unha vez máis ao público con esta aposta novidosa de obras de arte en pequeno formato e que se poden usar. Ten dous antecedentes cos que acadou un grande éxito. A exposición de abanos de autor, pintados por artistas moi coñecidos, modelos únicos que en algún caso multiplicaron o prezo de venta inicial, que rondaba as 30.000 pesetas daquela. O tema doutra destas mostras singulares foi o botón, que deron en ser broches.
A exposición co bastón como tema púxoa en marcha hai catro anos, cando convidou a participar a unha serie de escultores recoñecidos pola súa obra de grandes dimensións.
Dos seis que se sumaron, só Leiro expresou dúbidas. Pero Marián conta que lle insistiu porque sabía que lle fixera un bastón á súa muller cando precisou del por unha lesión. O artista cambadés acabou mandándolle un no último minuto. É unha fermosa peza, moi na liña das súas esculturas, coa empuñadura coloreada en vermello. É a única das obras que se exhiben que non está en venda, porque polo visto Leiro non pensa facer máis e quere quedarse con el. Pero é posible que acabe reproducíndoo nunha serie numerada.
Os demais escultores fixeron varias pezas para usar, agás as de Álvaro de la Vega, que dentro do seu estilo son dun tamaño para xigantes, e un de Casás, pensado para que se apoien nel as nubes, como xa indica o título. Os prezos andan entre os 300 e os 1.500 euros.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177