
Veciña de Moraña (Pontevedra).Estuda Xornalismo
LEMBRABA perfectamente aquel día no que atopara unha mensaxe dentro dunha botella. Ten gracia o feito, porque Noelia pensaba que iso só ocorría nas películas.
LEMBRABA perfectamente aquel día no que atopara unha mensaxe dentro dunha botella. Ten gracia o feito, porque Noelia pensaba que iso só ocorría nas películas. Así e todo, esta era diferente e o curioso é que non a descubriu nunha praia, nin nun lugar afastado, ao contrario, xa que O Ronsel era un local particular, crisol de xente peculiar e cun ambiente configurado polos rastros da diversidade de persoas que o frecuentan.
O Ronsel é un nome axeitado para este bar de paso, paraxe de moitos autoestopistas, camioneiros, persoas aventureiras e sobre todo, nómadas, xente que ía e viña, pero que dunha forma ou doutra deixaba alí algo propio. Isto só se percibe cando o visitas, ou mellor aínda, cando eres a camareira. Noelia, Noe para os que máis a coñecen, estivo durante dez anos detrás da barra deste local navegando por un océano marcado polo rastro de moitos barcos cargados de experiencias, algunhas efémeras e moitas outras inolvidables, como a dese sinxelo obxecto de vidro. Foron unhas palabras retidas en paredes de cristal as que cambiaron o seu modo de ver a vida. En moitas ocasións, Noe suspira e acórdase daquela camareira que foi, reproduce o momento no que recollendo unha mesa descubre de casualidade un papel envolto dentro dunha botella de cervexa. A curiosidade venceuna e obrigona a ler aquel escrito:
Ao contrario de moitas das persoas que hoxe están no bar, veño aquí con frecuencia e dedícome a profundizar nas personalidades dos que ti atendes cada día. Resúltame moi difícil non compararte con todos, porque ti, a diferencia deles sempre estás aquí, eres sempre a mesma. Gustaríame asterme de volver a O Ronsel durante tres anos e pasado ese tempo regresar para comprobar se todo permanece igual, se ti segues aí, vendo como pasa medio mundo por diante dos teus ollos. Moitas veces pregúntome se non che gustaría estar de paso.
Despois de ler a carta, Noe foi consciente de que era o seu último día de traballo alí. Tres anos máis tarde, nunha mesa de O Ronsel, unha muller tiraba ao chan a cabicha do cigarro que fumaba e pisábaa impaciente. Temía que alguén a recoñecese, por iso miraba desconfiada aos que alí estaban, así e todo quería saber quen deles lle escribira aquela carta.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177