
O FIADEIRO
| O |
É TEMPO de verán, con máis horas chungas de sol, mañás luminosas, tardes largacías, vacacións, novos espazos e tempos de lecer. Hai agora un ano, onde o Tambre pasa por embaixo da vella Ponte Maceira, Rubén Suárez Carballo e Andrés Villar Murillo -especialistas en deportes de risco e aventura-, presentábanlle ós medios o seu libro 40 aventuras al final del Camino (3C3 Editores, 2004). A paraxe elixida era marco idóneo para tal mester. Son 260 páxinas a toda cor, inzadas de fotos, planos e mapas. En castelán, porque os autores tamén queren dirixirse ós vagaceiros que veñen de fóra para coñecer Galicia.
Andrés e Rubén descríbennos polo miúdo, con textos suxerentes, corenta posibilidades, diferentes e inéditas, de practicarmos diversos deportes de aventura na zona xeográfica da parte final do Camiño de Santiago. Aí aparece a escalada, o parapente, descenso de ríos en canoa, bicicleta, sendeirismo, puenting (¿deberiamos dicir pontismo?)... Son propostas aventureiras -segundo lemos en www.tresctres.com- que se desenvolven en 20 concellos dunha ampla área: de Ames a Camariñas, de Negreira a Boiro, de Santa Comba a Carnota, do Val do Dubra a Muxía, de Brión ó Porto do Son, de Vedra a Fisterra.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177