
ERA Antón Patiño Regueira un home que amaba os libros máis que a maioría. Escritor e ávido lector non é pouco, pero é que ademais rexentaba en Vigo unha librería mítica, Librouro. Xunto coa súa compañeira Raimunda Pérez Sobreira fundou a tenda que aínda segue en pé en 1967, en tempos difíciles para as letras rebeldes nos que se atreveron a despachar na trastenda obras prohibidas polo réxime que chegaban desde Bos Aires e París. Dende alí, como anfitrión, capitaneaba o activismo cultural e tamén deixou pegadas como editor publicando libros de homenaxe a Castelao ou Ramón Cabanillas, entre outros.
Humanista formado nas escolas de ideario progresista, republicano e galeguista ata o fin dos seus días, honrou coa súa amizade e tivo a honra de ser amigo dalgúns dos máis destacados intelectuais do país, entre os que salienta a súa relación con Urbano Lugrís, que inventou para el os títulos de Libreiro e Señor.
Os seus vínculos coas artes resultaron ter compoñentes xenéticos demostrados por el mesmo, polo seu sobriño Reimundo e o seu fillo Antón. Pero tamén tiña outra paixón que, sen metáforas, o conectaba directamente coa terra. Patiño foi un activo promotor da micoloxía e moitas cousas máis: filatélico, trobador e especialista en escribir prantos polos amigos mortos. Memoria de ferro foi o seu derradeiro testemuño conmovedor sobre as vítimas da represión militar de 1936 na súa cidade natal, A Coruña, e na súa comarca de adopción, Monforte.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177