La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 01 de julio del 2005
Logotipo de La Voz de Galicia

LUGO

Santa Eulalia de Bóveda

NO OUTEIRO
| O |

HAI lugares onde nin de lonxe se achegan á riqueza arqueolóxica que posuímos nós. Quizais por iso o que teñen aprovéitano ao máximo para convertelo nun valor. Nosoutros, en cambio, temos tanto onde escoller que non sempre estivo axeitadamente tratado. Santa Eulalia de Bóveda podería ser ben un deses exemplos.

Así mesmo o fixo ver Adolfo de Abel Vilela, quen presente xunto a outros recoñecidos expertos na presentación do libro de Montenegro Rúa, O descubrimento e actuacións arqueolóxicas en Santa Eulalia de Bóveda , manifestou que as distintas administracións podían e deberían facer máis por incluír este lugar nos vieiros turísticos para facer máis atraente á capital lucense. Malia todo, non é ese o problema máis salientable deste Ben de Interese cultural.

Como tamén se trata no antedito libro, as actuacións realizadas nel, se ben deben ser consideradas no tempo en que foron feitas e valoradas no que aportaron de luz, non sempre aquelas foron realizadas con atino. O autor, amais de cuestionar a presenza aínda alí dun toldo, logo dos longos anos de traballo, falou tamén da falla de coordinación científica. Déaselle un novo pulo axiña.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177