
FILLO, tiveches mala sorte. Non foi culpa túa, ninguén decide cando quere nacer. A miña época tamén resultou dura. Lembro que os coches non podían pasar de 120 quilómetros hora, que na tele só tiñamos seis canais e que os teléfonos móbiles servían unicamente para chamar e para tirar fotos. Os primeros anos do século, nalgúns aspectos, resultaron complicados, pero polo menos os homes mantiñamos o poder.
É unha mágoa que non naceras cando dirixiamos a economía e a política. Daquela as mulleres atopábanse xa incorporadas ao mercado laboral, contentas e agradecidas porque lles permitiamos traballar para vivir. Eu cobraba máis que as compañeiras que realizaban as mesmas tarefas e, co paso do tempo, tamén ascendín máis ca elas. Se algunha muller acadaba un posto directivo importante interpretábamos que o lograra con malas artes. A frase: «A saber con que se tivo que deitar,...» a principios de século nunca se aplicaba aos homes.
E se no emprego cobraban pouco, nada recibían por realizar as tarefas domésticas. Nós non tiñamos que traballar na casa, senón axudar. Axudar é un bo verbo, significa que nos encargabamos dos labores menos pesados, sempre despois de que nolo pediran por favor, e antes de recibir entusiastas grazas.
Ai, meu fillo, na miña mocidade abondaba con que foramos unha cousa: ou guapos ou listos ou simpáticos. Non coma elas, que non lles chegaba amosarse competentes para optar a un emprego, nin con ser belas para exercer de modelos. As intelixentes precisaban estar de bo ver, e as misses tiñan que saber cousas sobre Rusia. ¡E que agradables eran as mulleres entón! Sensibles, comprensivas e bondadosas. E non lles custaba nada selo, nacían así. A ambición a arrogancia ou o egoísmo considerábanse características normais nos homes e defectos nas mulleres. Por non falar do sexo, que agora converteuse en tan difícil... Antes a moral era ancha para nós e estreita para elas. ¿E donde se viu que nos teñamos que preocupar tamén da anticoncepción?
O peor de todo é o felices que se vos ve. Proclamádesvos contentos de compartir responsabilidades, alegres de entender o sexo como algo de dous,... Fillo, tiveches mala sorte.
Elena Dopico recibirá hoy el premio Dora Vázquez del Ayuntamiento de Arteixo.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177