La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 07 de mayo del 2005
Logotipo de La Voz de Galicia

LEMOS

A xuntanza co Celeiro

Crónica | O río Sarria (III)

  • Autor del comentario:
    Xaime López Arias
    Localidad:
    sarria
  • ImprimirVolver

O río Sarria pasado Sivil, o estreito val, ábrese á fermosa veiga de Perros e de Lier. Augas abaixo da ponte de Frollais, pola esquerda, entra no Sarria o río das Chousas, que é o Sarambello medieval, que recolle na súa bacía as augas que baixan do monte do Copuso e as parroquias de Mato, Loureiro, Pacios e as dúas Penas.

Recolle este rielo as augas do rego de Monelo, que ten por afluentes os ramais que baixan do Caritel e de Vilaesteva e o rego de Castelo de Loureiro, onde houbo pelamios. Dende a parroquia de Pacios de Loureiro (O Incio) perto da igrexa, baixa cara a Lavandeira un arroxiño que se xunta co que baixa dende o monte de Santa Mariña. Tamén pola esquerda, en forte descenso, dende Arxivide, baixa un regueiro que verte augas perto do muíño de Regueiro.

Na fonte da Serra ten nacemento o rego das Lagas, do que é afluente o regueiro que nace na fonte dos Remedios, e axuntadas estas augas baixan cara As Aceas.

Entre Fafián e Cesar-Reimóndez, o río atravesa apreixoado polos tesos veciños e en estreitas voltas, inzadas dunha vizosa vexetación. A fermosa paisaxe das Aceas, que debera ser paraxe de protección natural, constitúe un dos treitos máis escollidos do Sarria. Tamén pola esquerda recebe o sarria as augas do rego de San Fiz, perto da acea de abaixo.

Abaixo da vila de Sarria recebe o río Celeiro, que tamén é coñecido como Pequeno ou Mazadoiro, e tamén río das Vacas ou da Estación e que recibiu na Idade Media o nome de río Barbadelo. Algúns autores, sen fundamento algún, tamén lle teñan chamado Sarria, considerandóo como o seu ramal ocidental.

A bacía do Celeiro é de considerable superficie, e comprende parte da terra de Froián (San Sadorniño e San Pedro), e as parroquias de Chorente, A Chanca, Albán, Ortoá, Maside, Requeixo, San Salvador de Sarria e Arxemil e parte das da Cervela, Loureiro, Piñeira, Barbadelo, Farbán, Meixente e Betote.

Dende Santa Icía, ata augas abaixo do Oural, o rego de Barbadelo é unha pervivencia do nome medieval, e xunto co rego da Laxe constitúe un dos ramais orixinarios do río Celeiro.

O outro ramal ten orixe no Carreonzo, perto da Poza e de Penaxubeira (A Cervela-O Incio) e na fonte das Laxes, que forman o regueiro que hoxe se chama da Estación do Oural.

Baixo Vilar de María

Podemos considerar que o hoxe chamado río Celeiro xa se forma propiamente por baixo de Vilar de María e axiña recebe as augas do regueiro da Valiña, pola dereita, e do rego do Portiño, que baixa do Cotarelo, pola esquerda. Tamén pola esquerda e dende Torrón, chegan as augas do rego de Vilameá, e máis abaixo, pola dereita as do Rego de Lamparte.

Dende as abas do monte de Rebordelo, e da agra de Lamalonga, pola esquerda, baixa a engrosar o seu caudal o rego de San Martiño e perto da Rañoá, pola esquerda, achega as augas do rego de Paredes ou de Vilei. Pouco máis abaixo, xunto do Castro de San Miguel, dende as estribacións do monte do Páramo, baixo o hoxe chamado rego de cervos os rego de Río, que é o medieval río Bao, que xunta augas en Meixente, Ortoá, Maside e Barbadelo.

Xa na vila de Sarria, xunto da estación do ferrocarril, onde no século pasado lle foi desviado o curso, chegan as augas do rego do Mazo, que trae o seu caudal dende o monte de Xaneiras. O pequeno rego do Mazadoiro, tamén pola esquerda, aporta as augas que xorden no monte de Santa Cristiña e nas inmediacións de Treilán.

Antes de se xuntaren o Sarria e o Celeiro, o Sarria presenta a curiosa formación dunha illa moi alongada, inzada de vizosa vexetación a carón da depuradora, que era un marco de incomparable beleza, agora desvirtuado pola depuradora.

O Celeiro tamén lle chamaron río da Chanca ou de Rañoá. Segue o Sarria separando as parroquias de Betote e San Xulián da Veiga.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177