La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 06 de mayo del 2005
Logotipo de La Voz de Galicia

SANTIAGO

As experiencias gays e lésbicas, tema dunha exposición no Auditorio

A proposta, producida pola concellaría de Cultura, é pioneira e inédita na Península
Entre as obras figuran un debuxo de García Lorca e fotografías de Blanco Amor



Obra de Pepe Espaliu que se pode ver na mostra do Auditorio

O Auditorio de Galicia inaugurará o vindeiro martes unha exposición inédita e pioneira polo tema que aborda: o mundo das experiencias gays e lésbicas na arte, as representacións, reflexións e investigacións que se teñen feito arredor desta realidade a nivel artístico.

Producida pola concellaría de Cultura compostelá, presentase co título Radicais libres. Experiencias gays e lésbicas na arte peninsular , e poderase ver ata o 10 de xullo como unha proposta montada con criterios historiográficos que reúne obras plásticas realizados ao longo do pasado século en diferentes soportes.

A mostra intégrana obras de 28 artistas españois e portugueses de recoñecidas e exitosas traxectorias nalgúns casos, e que en ningún caso se descobren pola súa presenza nesta exposición. Son creadores, como suliña o comisario da montaxe, Xosé Buxán, «que fixeron da homosexualidade unha fonda marca na súa creación artística», e que, como di o concelleiro Néstor Rego, «vistos desde as obras nas que explicitan unha sexualidade que rompe as amarras do conservadurismo estético». Son, en calquera caso, obras e pensamentos que tiveron lugar en diferentes anos, en diferentes experiencias e contextos, como di tamén Buxán.

Segundo explican os responsables da mostra, no percorrido están reunidas sensibilidades como a orientalizante de Morcillo, de principios do pasado século, ata a mirada canalla, pornográfica e desestabilizante de Nazario, pasando pola visión sucia e onanista de Pedro Gomes fronte ao cántico espiritual que proclama Pepe Espaliu en El nido . A mostra empeza cunha parte dedicada a obras que reivindican a simboloxía gay, con pezas de Joao Pedro Vale e mesmo un debuxo de García Lorca. E a que xira arredor da loita en torno á sida, con obras de Miralles, Araújo e Pérez Quiroga. E mesmo cadros que falan do sexo ritualizado coma o que se mostra de Pérez Villalta, e a poética que Nuno Alexandre lles atopa a pornografía baixada de Internet. Tamén se mostran creacións de Del Pozo Barriuso, Roberto González e Badiola, e fotografías de Blanco Amor.

Esta exposición e unha mirada de liberdade, «un proxecto para a acción, non para a metáfora meliflua e adormecedora» cara unha arte que existe e está aí desde sempre, como asegura o comisario, que tamén reflexiona sobre as razóns polas que este tema non se ten abordado desde outras institucións artísticas: «Teremos que botar man das pinturas de Pompeia para abrirlles os ollos ao respecto do asunto da calidade». Lembra que espíritos tan importantes para a historia da humanidade como Miguel Anxo, Leonardo ou Caravaggio «fixeron da súa propia experiencia homoxesual un turbador tornado de sabedoría universal».

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177