
O escritor Suso de Toro presentou na feira do Libro de Santiago o ensaio Outra idea de España, que acaba de sacar en galego Edicións Xerais, como un desafío persoal dende Galicia «para repensar a idea de nación como espazo aberto ao diálogo».
O autor pecha unha «triloxía inesperada», como definiu o editor, Manuel Bragado, as reflexións e interpretacións que reuniu, trala conmoción xeral ocasionada pola catástrofe do Prestige, en Nunca máis Galiza á intemperie e en Españois todos .
De Toro asegurou que, despois da presentación desta obra, gustaríalle «pasar a segundo plano, retirarme para continuar coa novela que quedou interrompida».
Interrogantes
Pero o horizonte das eleccións galegas ábrenlle interrogantes como «se vamos seguir atrapados no tempo» e a maneira de buscar que a realidade mude.
A conciencia «do poder da palabra para intervir e cambiar a realidade», e que nas últimas décadas perdéronse cousas «como a de asociar a idea de España a cousas boas», movérono a escribir este ciclo, do que a terceira entrega pretende «recuperar a cultura do antifranquismo no contexto de hoxe».
E porque «non só se pode pensar España dende Madrid, propoño unha idea alternativa tan lexítima como a deles», afirmou.
Se servirá para que dende Madrid vexan Galicia doutra forma dixo que é «unha das intencionalidades deste libro, porque que un galego, en galego e dende aquí opine de España e da convivencia nacional fai visible Galiza como nacionalidade».
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177