
Os premios literarios Minerva, convocados polo colexio M. Peleteiro de Santiago, confirman a voz feminina da literatura galega na vixésimoterceira edición do certame escolar, ao que concurriron 178 traballos.
Os xurados, presididos por Manuel Quintáns na modalidade de narrativa, e por Alonso Girgado na de poesía, fixeron público o fallo, que en tódolos casos recae en alumnos de centros públicos.
As gañadoras en narrativa son María Rivo Vázquez, do Antón Fraguas de Santiago; Alba Ceide Rodríguez, do Menéndez Pidal da Coruña; e Rocío Díaz Lois, do Punta Candieira de Cedeira. Os accésits son para Bárbara González Vilariño, do Menéndez Pidal da Coruña; Laura Mosquera Tenreiro, do Francisco Aguiar de Betanzos; e Olalla Ferreira Cao, do Blanco Amor de Ourense.
Os premios de poesía gañáronos Berta Dávila Fernández, do Campo de San Alberto de Noia, que tamén obtivo o terceiro accésit; Ana Palau Lage, do IES coruñés de Monelos; e Alicia Fernández Rodríguez, do Daviña Rei de Monforte. O primeiro e segundo accésits son para Darío Fernández Fernández, do Sofía Casanova de Ferrol, e Adrián Vázquez Barbón, do Alexandre Bóveda de Vigo.
A entrega dos galardóns será o 21 deste mes, nun acto no que actuará de mantedor o xornalista galego de Onda cero e comentarista de La Voz de Galicia,0 Fernando Ónega .
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177