La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 06 de diciembre del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

DEZA-TABEIRÓS

O Estradense recupera o liderato no difícil campo do San Adrián


? Estradense soubo adaptarse o domingo á perfección ao terreo de xogo máis pequeno da categoría para levarse os 3 puntos en xogo fronte ao San Adrián (0-1) e recuperar con eles o liderato do Grupo 4 da Primeira Rexional.

Se ben é certo que nin un nin outro equipo xeraron grandes accións ofensivas ante as porterías rivais, tamén o é que os homes de Eduardo Carregal controlaron o esférico e o ritmo do encontro durante 80 dos 90 minutos do mesmo, mercede sobre todo a unha gran presión. As lesións de Iago e de Rivas, que tiveron que ser substituídos no minuto 65, obrigaron o técnico bermellón a mover parte das súas fichas sobre o campo, o que deu pé a uns momentos iniciais de certa desorientación que, nembargante, o San Adrián non aproveitou nin sequera para aproximarse con perigo á meta do Estradense.

O único tanto da tarde chegou no minuto 25. José Ramón recibe o balón na liña de tres cuartos, céntrao a Unai, que se leva a un defensa e se interna un par de metros na área local para subir o 0-1 cun tiro cruzado.

O San Adrián quedouse con dez a outros tantos minutos do remate, facilitándolle ao Estradense o punto e final.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177