
Autor dos dous tantos roxinegros, o dianteiro liderou un traballado triunfo en Verín
A falta de efectivos levou a Acevedo a botar man de Christian como xogador de refresco
MARCOS MÍGUEZ
?o negro ao branco en mes e medio. O C.D. Lalín encadeou o domingo en Verín a súa sexta xornada sen coñecer a derrota, racha iniciada cun empate que poñía a finais de outubro o remate a outra racha de seis partidos sen gañar. Neste tempo, o conxunto roxinegro ascendeu desde o antepenúltimo posto da táboa ata o oitavo, no que figura na actualidade con 22 puntos. A 4 da zona de promoción de ascenso e con 9 de vantaxe sobre as prazas de condea a Rexional Preferente.
En total, os homes de José Manuel Alonso Acevedo acumulan 14 dos últimos 18 puntos en xogo. Uns números sen dúbida excelentes que o cadro dezao tentará mellorar este domingo na visita do modesto Vilalonga ao Cortizo.
O mérito do C.D. Lalín é aínda maior dada a falta de efectivos cos que afrontou os dous últimos encontros. Se o seu plantel xa é curto, as ausencias de Enrique e de Suso hai nove días fronte ao Negreira, e de Marcos, Ángel, Martin e Cea, contra o Verín, dánlle un valor engadido aos dous triunfos máis recentes.
Finalmente, nin Cea nin Martin se deron recuperado dos seus problemas físicos, deixando a Acevedo con só catorce homes no desprazamento de antonte a Verín.
Pesie a isto, e pesie á inclusión de tres xuvenís no once titular, o Lalín soubo controlar o choque, chegando a dispor de máis e mellores ocasións para batir a portería rival.
Pero todo puido ser ben distinto de non ser pola figura de Javi López. Alineado de partida na mediapunta, enlace entre o centro do campo e David Soares, substituto dun Senel tocado por unha recente gripe, Javi marcou o 0-1 e o 1-2 final converténdose en todo un pesadelo para a zaga local ao longo do partido.
Como anécdota, apuntar a saída ao campo no minuto 89 do porteiro suplente, Christian, que a falta de efectivos tivo que suplir a Dani no terceiro e derradeiro troco lalinense.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177