La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 06 de diciembre del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

LUGO

Porteiro Garea

TRIBUNA
| O |

PORTEIRO Garea naceu en Lugo no comezo do século, pero ninguén sabe onde, digo a rúa. Merece só por iso ter no lugar de nacemento unha placa afortalando a nacencia do lider nacionalista, á sazón unha das glorias perdidas no cumio da súa opertividade moza, moi novo, coma Manoel Antonio, Xohán Vicente Viqueira e outros. Formaba parte dunha xeración moi formada intelectualmente ao carón do propio Viqueira, os irmáns Vilar Ponte, Antón e Ramón ou Vicente Risco e Castelao sen esquencernos de Losada Diéguez, outro grande esquencido.

Non sei eu se era tan rusófilo coma o novelista Luís Manteiga, tan chorado na súa morte por Ánxel Fole quen deixa constancia das súas estadías na nosa cidade do Miño. Porteiro Garea e Luís Manteiga merecen dúas e senllas rúas con placa incluída. Non semella un dislate que estean todos estes esquencidos no rueiro lugués cando un gran xornalista e guieiro do provincialismo galego chamado Aureliano J. Pereira carece de placa, roubada pola inquina do tempo na praciña, na bocarrúa que está por detrás da praza do Campo. Este semella o destino dos grandes homes de letras e políticos lugueses: un monumental olvido. Manteiga chegou nada menos que a finalista do Nadal de Literatura.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177