
? Pazo da Escola, na parroquia gondomareña de Mañufe, acollerá o sábado a entrega do premio xornalístico «Nano Cambeiro», organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos en memoria e homenaxe ao xornalista miñorano e fundador desta entidade.
Este ano o premio foi concedido a Francsico Fernández del Riego e, a Mención Especial do xurado recaiu en Estanislao Fernández de la Cigoña.
Previamente, ás 12.30 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre «As emisoras de radio municipais». No debate, moderado polo escritor Fran Alonso, participarán Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, Xosé Anxo Font, da Radio Municipal de Tui e María Xesús García, ex traballadora da radio municipal de Nigrán.
Tras a entrega de premios celebraráse un xantar cos premiados que se servirá no Pazo da Escola e no que tamén participará Francisco Fernández del Riego. Tódalas persoas que estean interesadas en participar poden facer a súa reserva chamado ao número de teléfono 629-890320.
O IEM xa convocou a terceira edición deste premio á que pode concurrir calquera colaboración xornalística escrita en galego e referida ao Val Miñor.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177