La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 28 de octubre del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

LUGO

Un festival de corais marcará o inicio dos actos de celebración dos 550 anos de historia de Vilabade


No ano 2007 conmemoraranse os 550 anos de historia de Vilabade, aldea de Castroverde, e da fundación da igrexa de Santa María. Tamén se cumprirán 350 anos da construcción do pazo de Vilabade e 300 da ermida e da confraría da Nosa Señora do Carme. Con tal motivo van ter lugar unha serie de actos, o primeiro dos cales terá lugar este sábado.

Os actos darán comezo ás cinco da tarde na igrexa de Vilabade. O profesor do campus lucense Ricardo Polín pronunciará unha conferencia baixo o título «Vilabade no Camiño das Estrelas». Seguidamente celebrarase unha misa en latín, galego e castelán, en lembranza dos peregrinos do Camiño Primitivo de Santiago e dos defuntos das 37 parroquias do concello de Castroverde. Para rematar terá lugar un concerto do orfeón Xoán Montes e da coral do Hospital Xeral-Calde, ambos de Lugo.

Para o ano 2005 está previsto un festival de charangas; mentres que no 2006 terá lugar unha feira exposición do liño e un festival de música folk. Os actos centrais serán no 2007, cando se cumprirán os 550 anos de historia, cun festival de bandas de música, un certame literario, unha misa, a presentación dun libro sobre Vilabade e dunha monografía sobre o Camiño Primitivo e unha comida de fraternidade.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177