La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 07 de septiembre del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

ENTREVISTA | Bárbara González«Se escribes es coma o becho raro da clase»


  • Autor del comentario:
    Pablo Pazos
    Localidad:
    redacción
  • ImprimirVolver

Bárbara González converteuse na cuarta e derradeira gañadora dos Relatos de Verán grazas ao relato ¡Arriba el telón! , no que reflexiona sobre a existencia humana.

-É unha historia filosófica, inspirada na miña vida, no que vexo arredor, na xente... Por que estamos aquí, que imos facer. -¿Como xurdiu a idea de escoller o teatro como metáfora da vida e as súas motivacións?

-Veume como un flash á cabeza. «O mundo é teatro», como dixo Calderón. Á xente, ás veces, agocha o que sinte de verdade, ponse unha máscara. Di unha cousa e pensa outra.

-O relato destaca pola súa carga crítica.

-Si, eu creo que tamén é autocrítica. Criticarse un mesmo é un afán de superación. Damos unha imaxe de ser perfectos, pero en realidade somos moi vulnerables.

-«¡Arriba el telón» vén a ser unha especie de mensaxe final...

-Que empece o espectáculo. Unha parada antes de seguir coas nosas vidas. Unha reflexión. Eu, cando escribo, intento poñer o que sinto.

-¿E dende cando escribe?

-Dende hai case dous anos. É como unha liberación. Son moi sensible. É como un medio de escape. Dáseme ben, e a xente dime que se identifica.

-¿Vese dedicada en serio a tarefas literarias?

-Encantaríame. Ver que á xente lle chega o que transmito. Aínda o vexo como algo lonxano. Quédame moito camiño por diante. -¿Cales son as súas referencias?

-Fíxome moito en Jeanette Winterson, unha escritora inglesa. É moi filosófica, moi reflexiva. Busca a crítica.

-O estilo que lle gusta...

-Si, sen dúbida. Venme un pouco pola miña parte materna. Pola miña nai e polo meu avó materno.

-¿Como ve a implicación dos mozos galegos coa literatura?

-Vou vendo que a xente nova vaise metendo. Para eles é un medio de evasión.

-Pero son poucos...

-Si, é unha minoría. Es como o becho raro da clase. Dende fóra vese así. Dinche: «Ti escribes. ¡Que raro!»

-¿Provócalle vergoña á hora de que lle lean?

-Depende... Eu escribo cousas filosóficas, de amor. Ás veces penso nunha persoa ou nun sentimento...

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177