
«¡Arriba el telón!», de Bárbara González Vilariño, foi o traballo máis votado polos lectores
Xosé Fernández Ferreiro sacou o cupón do lector que levará os 31 libros de Sotelo Blanco.
L.V.
A coruñesa Bárbara González Vilariño, co seu relato ¡Arriba el telón! , é a gañadora da cuarta e derradeira semana dos Relatos de Verán do 2004.
O traballo de González é unha reflexión sobre a vida na que o teatro serve de metáfora para falar da fraxilidade da existencia humana, poñendo en tea de xuízo tanto as motivacións como o determinismo que se agocha tras os nosos actos.
Nesta semana especial na que se incluían os relatos aparecidos entre os días 23 e 31 de agosto, a participación de votantes foi especialmente elevada e, coa gañadora, outros tres relatos acadaron elevadas puntuacións: El parteluz de la catedral , de Víctor Díaz Barús; Rosa, alas de mariposa , de María Porto, e Unha noite no cine , de Alba Sánchez, por este orde.
Esta semana, a man inocente que elixiu entre todos os sobres con votos recibidos foi a de Xosé Fernández Ferreiro, veterano autor ourensán que sumará nos vindeiros días outra novela á súa longa producción: Os últimos fuxidos (Xerais).
Agasallos
A persoa que resultou gañadora entre os participantes foi Jorge Vilariño Mozo, veciño de Ferrol, que casualmente votara por ¡Arriba el telón!
Vilariño recibirá como premio un lote de 31 libros da editorial Sotelo Blanco, vinte da colección Medusa e once da colección 11x22 , o mesmo premio do que se fixo acredora a gañadora.
O mesmo agasallo será enviado nos próximos días aos outros tres gañadores dos Relatos de Verán, así como aos tres premiados entre os lectores que enviaron o seu voto para valorar a calidade dos relatos publicados cada semana e elixir ao seu favorito. O balance do concurso, organizado dende hai uns anos por este periódico, debe calificarse de moi positivo.
Á cantidade de textos recibidos, que esixiron un coidadoso proceso de selección, sumouse á morea de cupóns co que os lectores tamén quixeron deixar constancia da súa participación. Unha mostra da boa acollida desta proposta.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177