La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición dixital de La Voz de Galicia. O diario máis lido de Galicia grazas á participación dos seus lectores, coa última actualidade, multimedia, opinión e debates sobre negocios, deportes, cine, viaxes, libros, emprego, educación, inmobiliaria, automóbiles e moito máis nas súas 14 edicións: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Madrid
  • 02 de setembro do 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

FERROL

Os problemas de Valdoviño

TRIBUNA

  • Autor do comentario:
    | JOSÉ A. VIGO LAGO |
    Localidade:
  • ImprimirVolver

DESPOIS DO espectáculo que nos preparan no pleno do Concello de Valdoviño, os venres últimos de cada mes, neste pasado e nos lugares habituais de reunión post-plenaria (bares), podíase palpar no ambiente as maquiavélicas intencións, duns para dar o xaque á raíña.

Quero destacar que desde hai moitos anos, os gobernos municipais nada de nada fixeron en prol de Valdoviño, só se pensa en conservar a cadeira de concelleira, talvez só se pense en : ¿Como manipular pa o meu, ou os meus favores? Só temos que ver o caótico tráfico que soporta a LC-113 ao seu paso por Valdoviño. Pregúntome: ¿O corredor en proxecto desde San Sadurniño a Ortigueira, por que non pasa por Valdoviño e Cedeira? ¿Hai tan pouca imaxinación que non se dan conta do aforro económico que supón e o gran servizo que presta, no canto de habilitar un carril máis á LC-113? Obsérvese a baixa afluencia de turistas ás nosas praias (véxanse fotos destes nos anos 60 e 70) e a carencia total de prestadores de servizos nas zonas de veraneo.

Todo isto parece non ter importancia. O importante a xuízo duns é dar o xaque mate. A gran maioría de valdoviñeses con que falo di: «Isto non ten arranxo». Pois ben ¡eu digo que si! A solución ao Pproblema é sacar a r e a b quedando Pp ou lema.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. resérvase todos os dereitos como autor colectivo deste xornal e, ao amparo do art. 32.1 da Lei de Propiedade Intelectual, expresamente oponse á consideración como citas das reproducións periódicas efectuadas en forma de reseñas ou revista de prensa. Sen a previa autorización por escrito da sociedade editora, esta publicación non pode ser, nin en todo nin en parte, reproducida, distribuída,comunicada publicamente, rexistrada ou transmitida por un sistema de recuperación de información, nin tratada ou explotada por ningún medio ou sistema, sexa mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia ou calquera outro en xeral. M da Coruña no Tomo 2.438 do Arquivo, Sección Xeral, ao folio 92, folla C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España) RM da Coruña: tomo 2413, folio 84, folla C-12502. CIF: B -15.482.177