La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 03 de julio del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

DEZA-TABEIRÓS

«Recollemos un contenedor de lixo en menos dun quilómetro»

Entrevista | María Pais Sánchez DIRECTORA DO CAMPO DE TRABALLO DE AGOLADA
Vintecatro mozos españois marcarán e limparán unha ruta de sendeirismo

  • Autor del comentario:
    Amelia Ferreiroa lalín
    Localidad:
  • ImprimirVolver


Pais dirixirá o campo de traballo agolense ata fin de mes

				MARCOS MÍGUEZ

O Concello de Agolada conta novamente cun campo de traballo que estará en funcionamente ata finais do presente mes. Mozos, chegados dende todos os puntos de España, realizarán tarefas de limpeza nos pendellos e nunha ruta de sendeirismo, que decorre polas márxenes do río Arnego.

-¿Cal é a procedencia destes mozos?

-A minoría son galegos, só tres. Logo temos de todas partes: Zaragoza, Huesca, Toledo, Madrid, Alacante, Pamplona... En total son vintecatro porque unha praza quedou sen cubrir.

-Esta é a primeira quenda do campamento pero, ¿será un proxecto de continuidade?

-Diso se trata. Nesta primeira quenda imos poñer a andar o proxecto, mirar a zona de actuación e, a partires de aí, comezar as actuacións. É un programa cun principio e un fin, que desexamos rematar a finais de mes pero sempre cunha línea de continuidade.

-As actuacións centraranse nunha ruta de sendeirismo...

-É unha ruta fermosa que decorre polas márxenes do río Arnego. É unha zona moi especial con moitas sobreiras, é peculiar e chama moito a atención. Antes, ditas sobreiras supoñían unha fonte de ingresos para os lugareños ao sacarlles o corcho. É unha zona na que imos actuar en varios frentes e, de feito, xa comezamos. O primeiro paso é proceder a súa limpeza e xa recollemos un contenedor de lixo en menos dun quilómetro en poucas horas, unhas tres. É unha mágoa porque atopamos de todo: electrodomésticos, plásticos, botellas... Os mozos do campamento estaban totalmente abraiados ao non estares acostumados a ver tanto lixo en tan poucos metros. Os vertedoiros incontrolados é aínda unha constante en Galiza e se podemos contribuir a limpar unha zona, por pequena que sexa, xa nos sentimos útiles. Está claro que temos moito traballo que facer.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177