La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 16 de junio del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

As cidades da costa manteñen actitudes máis negativas que as do interior


?nalizado o resultado do estudo no territorio das cidades de Galicia, O galego segundo a mocidade chega á conclusión de que as cidades costeiras e as do interior presentan actitudes opostas.

Deste xeito, mentres Lugo e Ourense manteñen un importante uso do galego e actitudes positivas para quen o usa, no caso de A Coruña e Vigo, por exemplo, a situación é a contraria. O uso do galego é baixo e as actitudes dos mozos destas cidades é negativa co idioma. Como caso singular, a investigación sitúa a Santiago, na que se dá un compromiso alto co idioma, con actitudes moi positivas que, segundo o estudo, teñen que ver coa cidade e a súa historia, mais tamén co factor galeguizador da universidade, que facilitou a galeguización de moitos rapaces.

Peor as mulleres

A obra chega a unha conclusión aínda máis significativa: as mulleres que falan galego ou con acento galego son peor consideradas que as que falan en castelán, segundo esta investigación, e tamén reciben valoracións máis negativas ca no caso dos homes que son galegofalantes ou que falan castelán con claro acento galego. Do mesmo xeito que se acepta mellor cambiar de idioma a favor do castelán.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177