La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 16 de junio del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

IDIOMAUn estudo sinala que os rapaces identifican ao galego co atraso

A investigación da Academia asegura que o acento é percibido con igual prexuízo
Os mozos perciben máis negativamente o uso do idioma polas mulleres que polos homes.

  • Autor del comentario:
    Camilo Franco
    Localidad:
    redacción
  • ImprimirVolver


Os mozos das cidades relacionan directamente o uso do galego cunha postura nacionalista

				XURXO LOBATO

?e falas galego ou castelán con acento un mozo galego medio terá peor opinión sobre ti que se falas castelán ou galego con fonética máis próxima á castelá. Podería ser a descrición dun prexuízo histórico, pero é a síntese da conclusión á que chega o libro O galego segundo a mocidade , publicado pola Real Academia Galega que é o resultado dun estudo sociolingüístico realizado ao longo de tres anos (2000-03) por un grupo de oito investigadores do Seminario de Sociolingüística da RAG.

O estudo, dirixido por Manuel González, partía do presuposto de que as actitudes cara ao galego melloraran nos últimos anos, tendo en conta os datos do Mapa Sociolingüístico editado pola propia Academia. Porén, a utilización de novas metodoloxías como as técnicas de máscara, grupos de discusión, en lugar de cuestionarios implica un resultado máis negativo e pesimista ao respecto da interpretación do galego.

A extensión do estudo abre varias frontes relativas á percepción e valor social da lingua galega, á relación da identidade con respecto ao idioma, e como se interpreta o uso do galego en función do espazo territorial.

Ademais, a investigación da Academia ofrece unha novidade fundamental: analiza como percibe a mocidade o acento galego. Os mozos manifestan o mesmo criterio fronte ao acento que fronte ao idioma: tanto o galego como o seu acento é identificado polo maioría dos mozos como rural, atrasado, falto de liderazgo, cando non literalmente paleto.

Segundo Hakan Casares, un dos participantes no estudo, «son os estereotipos históricos que seguen latentes entre os máis novos». O traballo chega a conclusións recentes: o uso do galego nas cidades é directamente interpretado polos mozos como unha expresión política relacionada co nacionalismo.

Outras interpretacións que se derivan do informe é que, para os galegofalantes, a relación idioma e identidade é directísima, pero para os castelanfalantes é unha relación moito menos fundamental.

É máis optimisma ao respecto do multilingüismo, no que se chega á conclusión de que todo o mundo entende que é bo aprender galego, pero non acepta o compromiso de utilizalo.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177